Site icon Crónica3.com A Mariña

Afectados de Foxo en Burela comunican a súa reclamación ao Concello e ao Valedor do Pobo

BURELA .- Propietarios afectados polo plano sectorial de Foxo en Burela rexistraron no concello unha copia do escrito que remitiron a Xunta de Galicia e tamén lla enviaron ao Valedor do Pobo. A comisión de afectados reunirase para informar dos contactos mantidos con outras asociacións de afectados de Galicia.

Nota de Prensa

Os propietarios afectados polo Plano Sectorial de Foxo veñen de presentar no rexistro municipal de Burela unha copia do escrito que remitiron á Xunta de Galicia, para que o concello de Burela formule alegacións ó indicado Plano, dado que non se contou cos propietarios para definir a zona de actuación e tampouco se contou con eles para fixar prezos e fórmulas para a obtención do solo.
Os propietarios afectados, que se constituiron como tal nunha reunión mantida o pasado mércores, tamén remition ó Valedor do Pobo copia do seu escrito, para que o Valedor adopte as medidas oportunas para salvagardar os dereitos constitucionais á propiedade dos afectados, xa que consideran que se conculcan os establecidos na lexislacion vixente.
A comisión de afectados manterá unha reunión nos próximos días, para informar dos contactos establecidos con outras asociacións de afectados de Galicia, e considerar a posibilidade de adopción de outro tipo de medidas.

Exit mobile version