BURELA .- A Delegación de Cultura de Burela que dirixe a nacionalista, Neves Cando preparou unha programación de Nadal “para facer que estas datas festivas sexan días de lecer para toda a familia”. O seu departamento organizou dous obradoiros para os máis pequenos que comezan nesta xornada.
O denominado Nadal decorado que se desenvolve na Biblioteca Municipal en horario de mañá e destinado a rapaces con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos “onde aprenderán a decorar unha árbore de Nadal, a facer un karaoke, un Nadal de contos e unha película”. Este obradoiro está previsto para os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro e 2 e 5 de xaneiro.
E Invernarte é o nome do segundo obradoiro do que poderán gozar os nenos burelesas, tamén na Biblioteca Municipal polas tardes hoxe e tamén os días 23, 26, 27, 29 e 30 de decembro. Segundo explica Neves Cando “neste caso dividimos aos nenos en dous grupos de idade, un que vai dos 3 aos 8 anos e outro dos 9 aos 12. Os rapaces van gozar de tres actividades: plástica, música e danza arredor do Nadal”.