Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña é a comarca mais perxudicada pola medida de cotas pesqueiras da Union Europea, di oBNG

Nota de Prensa

A COMARCA DA MARIÑA, A MAIS PERXUDICADA POLA NOVA MEDIDA DE COTAS PESQUEIRAS PROPOSTA POLA UNION EUROPEA.

Parlamentares do BNG reuníronse con representantes do sector en Burela e Celeiro para explicar a súa postura sobre o tema.

Os parlamentares do BNG, Bieito Lobeira e Manuel Parga reuníronse en Burela e Celeiro con representantes do sector para trasladarlles a preocupación dos nacionalistas pola modificación á baixa das cotas de pescada e peixe sapo previstas pola Unión Europea en augas comunitarias.

O BNG entende que tal modificación á baixa do esforzo pesqueiro, non se xustifica, ao tratarse dunha medida que lonxe de atender a criterios de eficacia e responsabilidade, trátase mais ben dunha decisión política que vai ter graves consecuencias na comarca da Mariña si se ten en conta que as flotas de Burela e Celeiro teñen mais da metade da cota total de pescada dentro da Unión Europea e que esta situación débese a que as flotas mariñás fixeron nos últimos anos grandes investimentos económicos para colocarse nesta posición, polo que a medida tomada pola U.E. pode supoñer un grave prexuízo  que viría a agravar a situación de crise que sufre o sector.

Os parlamentares nacionalistas, Manuel Parga e Bieito Lobeira, trasladaron aos representantes do sector en Burela e Celeiro a posición firme do BNG na defensa das cotas de capturas actuais, algo que xa fixeron saber ao comisario de pesca da U.E., Joe Borg, nunha recente reunión celebrada en Bruxelas. Así mesmo os nacionalistas lembraron o traballo realizado polas áreas de goberno galego con responsabilidades na materia, mediante actuacións dirixidas a rebaixar os custes de explotación ou a mellora na comercialización do producto, impulsadas pola consellería nacionalista de Innovación e Industria.

 

O BNG PUXO DE MANIFESTO NO ACTO DE VIVEIRO QUE NON PODE SER A CLASE TRABALLADORA QUEN PAGUE A FACTURA DA ACTUAL CRISE DO SISTEMA ECONOMICO.
Na mesma liña o BNG tamén denunciou no acto sobre a crise económica celebrado en Viveiro, o Plano Rescate para a banca impulsado polo goberno do Estado e apoiado polo PP E PSOE cos votos en contra dos nacionalistas galegos; vistas as dúas subastas celebradas ate o momento ponse en evidencia que a medida non esta destinada a xerar liquidez nas empresas e as economías familiares, senón mais ben a resolver os problemas da banca. A opinión dos nacionalistas viuse referendada pola evidencia de que esta medida, ao contrario do que se defendeu dende instancias gobernativas, non supuxo nin esta a supoñer un aumento de liquidez na sociedade, que resulta ser a mesma antes e despois das dúas subastas celebradas; e inxusto ollar como mentres as corporacións bancarias acoden por segunda ocasión ao plano posto en marcha polo goberno zapatero, no mesmo día fan publicas as súas contas de beneficios que superan os 14.000 millóns de euros sen que isto repercuta en modo algún en beneficio das clases traballadoras.

O BNG entende que non pode ser a clase traballadora quen pague a factura da actual crise do sistema económico. Os nacionalistas manifestaron a firme convicción de que a solución pasa por tomar medidas tendentes a manter o poder adquisitivo dos traballadores e a loita polo emprego de calidade e a mellora salarial como eixo onde asentar a reactivación económica.

Exit mobile version