Por Otero Regal
O conflito político sexa este ao nivel local ou da alta política madrileña non é natural. Resulta ser unha creación do home en sociedade mediante o cal se agruparon os seres humanos en amigos e inimigos. Se facemos unha interpretación practica desta distinción, atoparemos que o home viviu nun estado de guerra permanente xa que o enfrontamento entre dúas unidades sociais organizadas coa finalidade de vencer o opoñente dentro dunha sociedade política desencadea no bélico.
Neste sentido, a relación amigo-inimigo non é unha clasificación senón unha distinción na area política. Schmitt clasifica á política exterior, aquela que se realiza entre dous Estados e na cal ambas as dúas partes recoñecen a capacidade da outra para declarar a guerra.
Pero do que queremos falar e da “GUERRA DECLARADA” entre dous políticos locais, por unha parte Cesar Aja Mariño, case dúas décadas de alcalde de Viveiro, que fixo e desfixo ao seu interese e antollo en Viveiro, gracias as maiorías absolutas que o pobo lle outorgou, despois perdeuna , en teoría, esquerda e nacionalistas votárono da casa do león rampante, descubriron os queixos cheos de presuntas ilegalidades e por acordo plenario decidiron poñer estas irregularidades en coñecemento do fiscal , por ineficacia, boicot de funcionarios, disque algún incluso chegou a borrar o disco duro da sección de obras, xunto coa “casualidade de que o interfecto era Senador do reino, e a lei non e igual para todos xunto o mal facer da nova corporación fixeron que pouco a pouco se librara do que fixo e desfixo, quédalle aínda algúns frecos dos que falaremos un dia destes.
Pola outra Melchor Roel Rivas , sindicalista con cargo en CCOO de Madrid que presenta o PSOE como alcalde, o desgaste e a prepotencia mal administrada do outro, xunto con conflitos como o da circunvalación e a axuda de moita xente o levan a o sillón de alcalde.
Agora a noticia é que Cesar Aja Mariño seica di que vai a por Melchor, antes socio e amigo,pois “Quíxome meter no carcere” e para elo non se para en díxome díxome e pataqueiradas, e para sorpresa de case todos denuncia a os seus amigos de antonte OS MOLINEROS, O POMBO e OS FURADIÑAS, curioso soio lle falta denunciar a REGO, ¿por que será?, por irregularidades na concesión de licencias de obras en Covas, a outros amigos que estaban a construír uns chales en Area xunto a o hotel do seu intimo amigo de langostas, centolos e lubrigantes e o que virá mais adiante.
¿Que como acabara o conto?…Pois como sempre, quen pagara os pratos rotos será Viveiro, quero dicir o pobo de Viveiro, non entro hoxe aquí en quen ten razón, pero si no aspecto ético e estético, o edificio que se construíu e agora denuncia Aja a o lado da igrexa de Covas e unha aberración ética e estética sexa legal ou ilegal, igual que o 90% das licencias outorgadas con Cesar Aja e con Melchor Roel, séguense a facer plantas enteiras fora de proxecto e aquí igual que antes non pasa nada. Pero a guerra esta aí e nosoutros temos todas as papeletas para perder nela.