Site icon Crónica3.com A Mariña

A Executiva do PSOE burelés apoia o proceder do alcalde na contratación da concelleira Remedios López

NOTA DE PRENSA:

Dende a Executiva Municipal Socialista de Burela, queremos mostrar o noso máis unánime e firme apoio  ao noso compañeiro e Alcalde, Alfredo Llano, e á nosa Concelleira Remedios López, ante o burdo intento do GMPP de confundir e manipular á opinión pública, e aos cidadáns de Burela en particular, a partir do acceso da nosa compañeira a unha das cinco prazas da UPD resultante do Pacto Comarcal polo Emprego na Mariña. O proceso, feito con total transparencia e rigor, é un modelo de igualdade en canto ao dereito de optar a calquer posto de traballo respectando sempre os méritos de cada persoa e as circunstancias do traballo ofertado, e compre subliñar que o tribunal, representado por distintas forzas sindicais maioritarias imprantadas na Mariña, actuou acatando os principios de acceso a un posto de traballo na función pública: igualdade, mérito e capacidade. É totalmente certo que o tribunal examinou aos aspirantes polos seus propios méritos, sin ter en conta raza, sexo, relixión ou opción política, e como todo proceso transparente, acadaron as prazas os que máis puntuación mereceron, corroborable por calquer persoa que, libremente, aspirou ao seu acceso.

Xa nos ten acostumados o GMPP na súa liña de difama, que algo queda; na súa liña de manipulación informativa, xeito, por certo, ben aprendido de anteriores etapas vividas neste país antes da implantación da democracia; na súa liña dun nulo respecto polos procesos democráticos e na súa liña de acosar diariamente ao noso grupo municipal. Practican unha irrespetuosa oposición na que confunde o persoal co político, o familiar co político, e en si mesmo, a liberdade do individuo, coa labor política. Como animais desbocados que corren a nengunha parte, acusan aos nosos compañeiros de caciquismo e pago de favores. Convén recordarlles que esa etapa no Concello de Burela, rematou no ano 2007 despois de que os cidadáns desterraran deste Concello a quen durante doce anos practicou unha política servil, incompetente e chea de irregularidades. Toda a batería de insultos e mentiras coas que diariamente nos obsequia, non é máis que un aliciente máis para seguir traballando pola igualdade, respecto e libertade neste Concello; non son máis que un vano intento de tapar o fracaso do portavoz do GMPP de intentar acadar a alcaldía do Concello mediante un proceso democrático e non dixital, como anteriormente non o consigueu no Concello de Cervo; non é máis que unha falsa xustificación diante do seu sufrido electorado ante movementos internos do seu partido na que distintas correntes que loitan pola igualdade intentan desbancar ás tres B (Barcia, Barreiro e Balseiro); non é máis que non aceptar a súa cobardía política por non apoiar medidas que dinamizan a vida do noso pobo, e en definitiva, non é máis que non saber asumir o seu espacio e fracaso político.

Exit mobile version