Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación amañará a estrada de Rúa a San Román, según o Concello de Cervo

CERVO .- A Deputación Provincial amañará a estrada de Rúa a San Román según indican dende o Concello de Cervo e explican que “o acordo acadouse no transcurso da xuntanza celebrada este mediodía” entre representantes dos veciños, do concello e “na que tamén participou a voceira socialista da oposición e membro do Goberno provincial Lara Méndez”.
Nota de Prensa

A estrada de titularidade provincial presenta múltiples deficiencias polo abandono e despreocupación da Deputación, que ata o momento negouse a efectuar as labores de mantemento e as reparacións necesarias, tal e como se lles viña reclamando reiteradamente desde o Goberno municipal

A PRESIÓN EXERCIDA POLO ALCALDE DE CERVO E OS VECIÑOS DE RÚA E SAN ROMÁN OBRIGA Á DEPUTACIÓN A COMPROMETERSE COA MELLORA DO VIAL QUE UNE AMBAS PARROQUIAS

Cervo, 12 de decembro de 2008.- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez mantivo no día de hoxe unha xuntanza con representantes de diversos colectivos e veciños das parroquias de Rúa e San Román. O rexedor municipal convocoulles co obxecto de dar conta das distintas reclamacións efectuadas polo Goberno municipal ante a Deputación para que o organismo provincial procedera á corrección urxente das deficiencias que presentan varios treitos da estrada que une estas parroquias co veciño municipio de Burela. Gran parte destes desperfectos converten un dos traxectos máis empregados polos veciños das devanditas parroquias nun espazo practicamente intransitable, de xeito especial, naqueles puntos que, por mor das obras que se están a desenvolver, aínda permanecen sen asfaltar ou presentaban fochancas e outro tipo de imperfeccións, agravadas ademais polas últimas choivas. A día de hoxe o único traxecto alternativo dos veciños de Rúa e San Román é unha estrada de titularidade municipal coñecida como Seixoso, pois as deficiencias da estrada provincial levan presentes durante máis de dous meses.

A presión exercida polo Alcalde de Cervo e as críticas recorrentes dos veciños de Rúa e de San Román lograron o seu obxectivo e a Deputación Provincial comprometeuse a mellorar a vía e a corrixir gran parte das actuais deficiencias. O acordo acadouse no transcurso da xuntanza celebrada este mediodía e na que tamén participou a voceira socialista da oposición e membro do Goberno provincial Lara Méndez. Alfonso Villares lamentou que sexa necesario convocar aos veciños e esperar dous meses para que representantes do Goberno provincial dean a cara e asuman a realidade duns desperfectos que todos poden ver.

Tanto os veciños como os representantes locais fixeron fincapé en deixar claro que a actuación a desenvolver pola Deputación non pode quedarse nun mero arranxo provisional; e coidan que o organismo provincial consigne unha partida orzamentaria nos presupostos do vindeiro ano para acometer o asfaltado dos 1,6 quilómetros que faltan por pavimentar. Así como tamén os membros do Goberno municipal e os veciños reclaman á Deputación que asuma, cos seus medios a inmediata corrección das deficiencias máis salientables, actuación de urxencia que debe acometerse nas vindeiras datas.  Finalmente acordaron enviar unha carta o Presidente provincial para que se achegue a comprobar in situ o mal estado da estrada e poida asumir os traballos para corrixir estas deficiencias nesta vía da súa competencia.

Exit mobile version