Site icon Crónica3.com A Mariña

A Conselleira de Pesca inaugurou unha nave de redes en Burela

BURELA .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, amósase moi satisfeito coa inauguración da nave de redes que está situada no porto. O acto que se desenvolvía esta mañá contou coa presencia da conselleira de Pesca, Carmen Gallego.

O rexedor sinalou que se trata “dunha nave que é un espacio fundamental no porto para axudar aos profesionais do mar. Son 3.000 metros cadrados útiles que viñeron a representar un investimento de preto de 2 millóns de euros. O local vai ser xestionado pola confraría de pescadores, considero que será moi útil para eles pero dará moito máis de si, porque alí se celebrará a edición de Expomar do vindeiro 2009”.

Llano engadiu que “terá unha utilidade variada para as múltiples actividades que se poidan facer en Burela. A nave de redes queda moi ben enmarcada esteticamente no noso porto, o cal quere dicir que as cousas que se fixeron ben desde o principio acaban ben ao final”.

Exit mobile version