Remedios López Villar, participou hai uns días na gravación do programa Cociña na praza de Telelugo que se emitirá o vindeiro luns 22 de decembro ás nove da noite. Preparou unha pescada do pincho de Burela con salsa de améndoas “receita moi dixestiva que lles recomendo a todos para estas festas de Nadal”.