Nota de Prensa
ALFREDO LLANO ANUNCIA QUE O PACTO TERRITORIAL POLO EMPREGO DA MARIÑA RECIBE UNHA PRIMEIRA SUBVENCIÓN DE 322.000 EUROS PARA COMENZAR A TRABALLAR.
Burela, 2 de decembro de 2008. O alcalde de Burela e presidente da Asociación Impulsora do Pacto Territorial polo Emprego da Mariña, Alfredo Llano ven de anunciar que dito pacto recibe unha primeira subvención de 322.000 euros para comenzar a traballar <cifra que incluso pode chegar aos 356.000 euros>.
Llano lembra que <hai uns meses que se constituiu ese pacto para favorecer a creación de emprego desde O Vicedo ata Ribadeo. E xa se nomeou unha directiva que será a que poña en marcha todo esto na que estamos representados os Concellos, os sindicatos e tamén os empresarios, de tal xeito que todos traballaremos conxuntamente>. O rexedor burelés e presidente de dita asociación engade que <con esa partida bianual hai que crear unha Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) na que traballarán cinco profesionais: un director e varios técnicos>.
Alfredo Llano agarda que o vindeiro ano <sirva para crear emprego nas súas dimensións máis relevantes. Esta é unha boa noticia para A Mariña e imos poñernos a traballar de inmediato>. O presidente da Asociación Impulsora do Pacto Territorial polo Emprego da Mariña prevé convocar unha nova asamblea deste colectivo a principios do vindeiro 2009.