XOVE .- O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha o pasado mes de outubro o Programa “Ponte en forma polas mañás”, Programa no que se lle propuxo aos veciños/as de Xove a participación en tres actividades distintas: ximnasia de mantemento, aeróbic e pilates, sendo esta última unha novidade.
Estas actividades celébranse en:
-Ximnasia de mantemento: luns, mércores e venres de 11:30 a 12:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.
-Aeróbic: Luns e mércores de 10:15 a 11:15 horas, tamén no Salón de Actos do Centro Cívico.
-Pilates: martes e xoves de 10:15 a 11:15 horas; neste caso esta actividade ten lugar nun local do Concello sito na Avenida Deputación. En pilates, debido ao espazo, só se admintiron 10 inscricións.
A Ximnasia de Mantemento vai dirixida especialmente a persoas maiores, sendo 22 as participantes nesta actividade. O aeróbic e o pilates van dirixidas á poboación en xeral, inda que, loxicamente, tanto nenos/as coma xoves non van a participar debido a que o horario coincídelles co horario lectivo. O aeróbic conta con 25 participantes, número máximo, habendo lista de espera. E no pilates, como xa apuntamos antes, son 10 participantes.
Estas tres actividades son impartidas pola Monitora Municipal Estívaliz Dayán, Técnica Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.