Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños de Cervo depositaron en contedores 210 quilos de aceito usado

CERVO .- Veciños de Cervo depositaron 210 quilos de aceite domestico usado nos contedores dispostos polo concello.  O delegado de Medio Ambiente, Antonio Basanta, considera que a cantidade de aceite recollida e “moi significativa” e sinalou que ten previsto desenvolver nos vindeiros meses unha campaña de sensibilización da poboación para que continúen e intensifiquen o uso destes colectores.

NOTA DE PRENSA

CERVO RECOLLEU 210 QUILOS DE ACEITES DOMÉSTICOS USADOS NO PASADO MES DE OUTUBRO

Cervo 08 de novembro de 2008.- Cervo xerou nun mes 210 quilos de aceite doméstico usado, depositado polos veciños nos seis colectores destinados á súa reciclaxe e que foron instalados polo Concello en todo o municipio.

Antonio Basanta, edil de Medio Ambiente, mostrou a súa satisfacción pola resposta dos veciños sinalando que “se trata de cantidades moi significativas” tendo en conta as particularidades do concello de Cervo, formado por diversos núcleos de poboación disgregados entre si. “Para ser o seu primeiro mes de funcionamento a reciclaxe do aceite está a funcionar ben. A empresa que se encarga da súa recollida indicounos que comparando con outros concellos nos que están a traballar, Cervo destaca, e que tamén debemos estar contentos porque cando se empeza sempre se recolle menos ata que a xente se acostuma a depositar o aceite deste xeito” sinalou Basanta.

Destacan pola súa concienciación os veciños que depositaron 45 quilos de aceite no colector situado na rúa Xosé María Cao (de Cervo), seguido do que está nas inmediacións do Porto de Arriba (San Ciprián) onde se recolleron 40 quilos, e dos que están situados en Río Cobo e na rúa Concepción Arenal de San Ciprián, con 35 quilos de aceites recolleitos cada un. O colector que menos cantidade de aceites recolleu foi o instalado en San Ciprián na confluencia das rúas do Cobo e do Xunco, onde se recolleron 25 quilos de aceite doméstico usado.

DANOS ECOLÓXICOS
O concelleiro de Medio Ambiente cervense sinalou que a recollida de aceites usados é importante para evitar os danos ecolóxicos que xera o seu vertido incontrolado. As graxas arroxadas polos escorregadoiros acaban atascando os sumidoiros e provocan un rápido desgaste dos filtros das depuradoras. Ademais, nos ríos, o fluído forma unha película superficial que impide o paso do osixeno. Neste senso Antonio Basanta sinalou que os 210 quilos de residuos xestionados a través dos seis colectores cervenses no mes de outubro é unha cantidade que podería ter contaminado uns 231.000 litros de auga.

Por último, Basanta sinalou que o Concello ten previsto desenvolver nos vindeiros meses unha campaña de sensibilización da poboación para que continúen e intensifiquen o uso destes colectores.

Exit mobile version