Segundo o alcalde, no momento de coñecer estas eivas técnicos municipais se desprazaron á zona para tentar solucionar o problema, “e comprobaron que non era unha avaría do tendido que subministra electricidade aos puntos de luz municipais; se non que era debido a unha avaría na rede xeral” indicou Villares. Unha vez comprobado isto, dende o Concello puxéronse en contacto con Begasa, e no día de onte técnicos desta empresa procederon a arranxar o problema.
“Ao parecer tratábase dun curtocircuíto nunha das fases da rede xeral que subministra electricidade aos farois desa zona. Segundo os técnicos, o apagón viña provocado dende unha das vivendas dos arredores e os arranxos dilatáronse máis do desexable pola tardanza en atopar aos seus propietarios para que os técnicos de Begasa puideran acceder a ela e solucionar o problema” indicou Villares.