A Xunta de Goberno da Deputación provincial aprobou a retirada do proxecto das obras de acondicionamento do interior das Covas do Rei Cintolo, en Mondoñedo. Tralas xestións realizadas pola Deputación co Concello mindoniense e a Federación Galega de Espeleoloxía será posible desbloquear a reapertura das covas.