Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo o BNG a Consellería de Vivenda impulsa unha política social de vivenda na Mariña

NOTA DE PRENSA:

O BNG IMPULSA DESDE A CONSELLARÍA DE VIVENDA E SOLO UNHA POLÍTICA SOCIAL DE VIVENDA NA MARIÑA FAVORABLE Á MAIORÍA.

Nos anos 2006, 2007 e no que vai de 2008 promovéronse na Comarca da Mariña máis de 1.300 vivendas protexidas entre vivendas de promoción pública (VPP) e vivendas de protección autonómica (VPA).

Cabe resaltar que no que levamos do ano 2008 procedeuse a cualificar na comarca 628 vivendas como protexidas, cifra que triplica o número de vivendas cualificadas no ano 2004 (218). Moitas destas vivendas foron promovidas polo sector empresarial para a venta libre pero que a crise económica e inmobiliaria racharon esta posibilidade.

Con esta medida o BNG dende o goberno facilita o acceso a unha vivenda de calidade e a prezos asequibeis a moitos cidadáns da Mariña que tiñan impedido o acceso á súa primeira vivenda e ao mesmo tempo proporcionase unha axuda ao sector da construcción para minorar os efectos dunha crise producida pola enorme especulación.

A Consellería de Vivenda e Solo está a investir 2.490.653 € nas áreas de rehabilitación da comarca da Mariña lucense nas que está prevista a rehabilitación de 308 vivendas. A Consellería investiu tamén 1.852.391 € na rehabilitación de 612 vivendas nos concellos da comarca, a través de liñas de axuda para vivendas situadas no medio rural e en conxuntos históricos -que non son área de rehabilitación- e vivendas e edificios illados –que están en centros urbanos que non teñen ningunha figura de protección (BIC, PEPRI ou similares)

Púxose en marcha unha iniciativa novidosa como foi a adquisición de 8 inmobles para a súa rehabilitación mediante un investimento de 3,4 millóns de €, o que permitirá poñer 17 vivendas a disposición de persoas menores de 25 anos. Con esta actuación cúmprese tamén o obxectivo de conservación e posta en valor do noso patrimonio histórico.

Outra actuación novidosa para o ano 2009 é o investimento de 1.199.064 € na construción dun edificio interxeracional con 32 vivendas protexidas destinadas a mozos menores de 35 anos e maiores de 60 anos no Concello de Mondoñedo. Todas as vivendas se adxudicarán en réxime de aluguer. Tratándose dunha actuación desenvolvida en colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, polo que o baixo do edificio albergará un Centro de Día con capacidade para 30 usuarios.

Para garantir o acceso á vivenda digna como un dereito e para non estar sometidos no futuro aos efectos negativos da especulación do mercado os nacionalistas promovemos o Plan sectorial galego de solo residencial para vivenda protexida entre 2009 e 20017.

Un plan necesario para acabar co uso especulativo do solo residencial na nosa comarca e unha oportunidade para as familias, para o sector empresarial e para os concellos.

Un plan que prevé construir 1.018 vivendas protexidas e de prezo limitado e un investimento de 32,2 millóns de euros nas dúas Áreas Funcionais da Mariña: Ribadeo (105 vivendas protexidas), Burela (214 vivendas protexidas), Barreiros (156 vivendas protexidas), Foz (296 vivendas) e Viveiro (247 vivendas).

Con todo este conxunto de actuacións cumprimos os nosos compromisos e coa obriga de que os poderes públicos interveñan na política de vivenda en favor das persoas con menos recursos. Tamén se pon en evidencia un antes e un despois na comarca coa chegada do nacionalismo ao goberno de Galiza con un conxunto de actuacións que salientan os efectos positivos dun autogoberno posto ao servizo do benestar dos cidadáns da comarca.

Burela 21 de novembro de 2008

Exit mobile version