Suárez Barcia cre que “esta rede vai impulsar o desenvolvemento sostible de todos estes plans de sustentabilidade chamados Axenda 21 Local, que non é nin máis nin menos que facer un desenvolvemento en todos os aspectos da vida municipal máis ordenado, cambiando un pouco este modelo ata o de agora tan utilizado por todos nós. Tentará cambiar un modelo consumista voraz de urbanismo, de territorio, de medio ambiente, de recursos naturais… por un modelo de crecemento baseado no equilibrio e na eficiencia. Polo tanto entendemos que esta nova rede vai supoñer tamén a posibilidade dun maior financiamento para os Concellos que estean inscritos nesta nova asociación e confiamos que a curto prazo poidan xa ter algúns beneficios formando parte desta asociación tan importante”.