O rexedor asegura que “este camión que é un híbrido servirá non só para os posibles continxentes no ámbito urbano senón tamén para os núcleos rurais do concello. Estou orgulloso deste vehículo que é un dos mellores do país e desde logo da comarca atrévome a dicir que é do mellor que pode haber”. Fernando Suárez engade que “a cisterna ten capacidade para 4.000 litros de auga, é un camión potente, moderno, ten unha presión enorme para lanzar a auga e vai servir non só para as continxencias de aquí senón tamén para limpar tuberías e tajeas que cando choven se atascan… vai ser moi operativo e substituirá a un que tiña o Concello desde hai moitos anos cunha fiabilidade escasa e con problemas como nos ten dado non hai moito tempo cando se parou ao chegar a un incendio e tivemos que botar man do outro camión máis pequeno que temos que tamén é novo pero que ten unha capacidade limitada”.
Entidade sobrada
O alcalde de Ribadeo di que este novo camión “vai ofrecer seguridade aos veciños e veciñas deste concello ainda que como digo moitas veces, Ribadeo non vai ser alleo ao parque comarcal de bombeiros de Barreiros cando esteña listo, porque descoñezo cando vai ser. Ribadeo formará parte dese parque e beneficiarase dos recursos que alí teñan, pero Ribadeo ten entidade sobrada, ten 10.000 habitantes e está nunha extremeira e polo tanto debe seguir tendo vehículos propios que sexan atendidos polo GRUMIR ou en todo caso polos conductores municipais sin perxuizo de que esteamos no parque de bombeiros”.
Fernando Suárez agradeceu o esforzo inversor realizado pola Xunta neste camión que supón un custe de 180.000 euros “dos que 110.000 son aportados pola Dirección Xeral de Protección Civil e 40.000 por Medio Rural. Os 30.000 restantes son aportados polo Concello con fondos propios. Será un vehículo que quedará a disposición de Ribadeo e dos concellos colindantes en circunstancias de emerxencia que así o requiran”