Site icon Crónica3.com A Mariña

Queixase o PSOE de Cervo das deficiencias na recollida de lixo na Veiga

Nota Prensa

Os veciños da Veiga sofren en primeira persoa a deixaded de funcións por parte do Concello.

O Grupo Municipal Socialista sumase as queixas dos Veciños e pídelle ao Sr. Villares que exerza de Alcalde

Un dos dereitos que teñen os cidadáns e o dereito a recollida de Lixo, no pobo de San Ciprian concretamente na zoa da Veiga sendo esta unha das más poboadas do municipio, están a sufrir un abandono por parte do Concello.

Dende xa fai bastante tempo (meses) os contenedores da veiga están ata os topes incluso tendo os veciños que deixar o lixo ao redor dos contendores pola falla de espacio nos mesmos.

Cando esta situación chega a estes límites o Concello da orde de retirada do lixo pero so do que esta ao redor e non de baleirado do contenedor, volvendo a producirse a situación anteriormente mencionada, nun espacio moi breve de tempo.

O Grupo Municipal Socialista entende e quere poñer de manifesto que isto é unha deixaded de funcións por parte do Concello, pola ineficacia e ineficiencia na xestión do equipo de Goberno, e na persoa do Alcalde Alfonso Villares.

Ultimamente o Sr. Alcalde e por desgracia para todos os veciños, este deixaded de funcións a que nos ten acostumadados dende a súa toma de posesión como Alcalde de todos os Cervenses, repercute negativamente no día a día dos que vivimos neste municipio.

Concretamente neste caso os veciños da Veiga están a sufrir as consecuencias medioambientais, hixiénicas e sanitarias que conleva o non dar este servizo, e así expresan as súas queixas e por desgracia nin llas poden dar ao Alcade por ser a persoa mais ilocalizable do Concello.

O PsdeG-PSOE de Cervo pídelle ao Sr. Villares que exerza como Alcade que para eso foi elixido, é cumpra co obxectivo da administración local que non e outra que darlle servizo aos veciños e vele polo dereitos de todos os Cervenses.

Exit mobile version