Site icon Crónica3.com A Mariña

PSOE e BNG aprobaron o convenio do persoal municipal, o PP en contra

BURELA .- No pleno extraordinario celebrado no Concello, o equipo de goberno que forman o PSOE e o BNG aprobou cos seus votos o convenio colectivo do persoal municipal. O alcalde, Alfredo Llano, asegura que “se trata dun bó convenio, ainda que seguiremos avanzando e mellorando as condicións laborais”. O rexedor amosóuse sorprendido polo voto en contra do PP “cando na comisión informativa dixeron que no pleno se ían abster”.
Llano anuncia que “seguiremos a traballar nunha RPT (relación de postos de traballo) a partires do 1 de xaneiro de 2009 para empezar a aplicala o antes posible. Será un documento que servirá para recurrir a él como base á hora de elaborar un novo convenio colectivo”. O aprobado hoxe ten vixencia neste 2008 (con carácter retroactivo) e nos anos 2009 e 2010.

Exit mobile version