Site icon Crónica3.com A Mariña

Programan en Burela o ciclo de charlas “Aprender para educar”

BURELA .-  A Concellería de Benestar Social de Burela xunto coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza o ciclo de charlas “Aprender para educar” dirixido aos pais e nais e familias do Concello según indicou a responsable municipal Neves Cando. A programación de esta iniciativa desenrolarase en novembro, decembro e xaneiro.
Nota de Prensa e Programa

O VINDEIRO MÉRCORES 5 DE NOVEMBRO COMENZA EN BURELA A TERCEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA APRENDER PARA EDUCAR.

Burela, 1 de novembro de 2008. Un ano máis a Concellería de Benestar Social do Concello de Burela e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, organizan un programa de formación dirixido aos pais, nais e familias do Concello. Segundo explica, a responsable deste departamento, Neves Cando <todas e todos somos sabedoras e sabedores de que na formación dos nosos fillos e fillas, nos primeiros anos da súa vida e até a conformación da súa personalidade, o papel que xogan as familias é determinante>.

Desde o Concello de Burela e a AS-PG, considerando a boa acollida que tiveron  o I e II Aprender para Educar no ano 2007 e maio do 2008, organizan outro ciclo de conferencias que serva como guía para camiñar xuntos na formación dos adultos do futuro. A III Edición do Programa Aprender para Educar váise levar a cabo os mércores: 5 e 19 de novembro, 3 e 17 de decembro de 2008 e 7 e 21 de xaneiro de 2009 ás 19:30 h. no Auditorio da  Casa da Cultura.

Neves Cando lembra que <na propia Casa da Cultura, Aula de Preescolar na Casa haberá servizo de gardería gratuito. Para acceder a ela os interesados deben chamar ao teléfono: 982 24 26 82 ou ben á educadora familiar do Concello que se chama Diana ao 982 58 60 00>.

PROGRAMA

DECÁLOGO PARA PAIS E NAIS DESPISTADOS/AS E AGOBIADOS/AS

MÉRCORES 5 novembro de 2008

Juan Antonio Pinto Antón. Licenciado en Historia e Mestre de Preescolar na casa.

A FAMILIA COMO MODELO NAS ADICIÓNS

MÉRCORES 19 novembro de 2008

Andrea Galego Valdeigrexas. Doutora de Medicina Familiar.

TODO UN MUNDO DE EMOCIÓNS NA EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

MÉRCORES 3 decembro de 2008

Cristina Lerma Rey. Mestra e pedagoga do IES “Macías Namorado” de Padrón.

COEDUCACIÓN E REVISIÓN DOS MODELOS MASCULINOS

MÉRCORES 17 decembro de 2008

COLECTIVO HOMES GALEGOS POLA IGUALDADE

RESOLUCIÓN DOS CONFLICTOS E INTELIXENCIA EMOCIONAL

MÉRCORES 7 Xaneiro de 2009

Carme Loureiro. Profesora do IES “Illa de Arousa”

PAUTAS DE CONDUCTA, DEREITOS E DEBERES DOS E DAS ADOLESCENTES

MÉRCORES 21 Xaneiro de 2009

Carme Loureiro. Profesora do IES “Illa de Arousa”

Todas as charlas terán lugar no Auditorio da Casa da Cultura ás 19,30 h.

Exit mobile version