Site icon Crónica3.com A Mariña

Preocupalle o PP de Burela que empregados do concello “non teñan subidas salariais”

Nota de Prensa

O PP afirma que haberá traballadores que non teñan subidas salariais.

Considera que o alcalde e Remedios López son o exemplo da ineptitude.

Os populares denuncian que o peche do convenio colectivo foi “traxicómico”.

O GMPP afirmou hoxe que no concello de Burela haberá traballadores que teñan subidas salariais e outros que non as terán, gracias a que o alcalde e Remedios Lòpez fixeron unhas propostas que son o máis vivo exemplo da “xustiza social” e que demostran que o alcalde, unha vez máis, e xa van ben delas, “dixo a verdade” cando dixo que as subidas de soldos motivadas pola redaccion do novo convenio “afectarían” a todo o mundo. O que non dixo é en que medida afectarían, e xa se vé que uns traballadores están mui positivamente afectados, porque teñen subidas de máis de tres mil euros, e outros están mui negativamente afectados, porque solo tiveron a subida que lles correspondía por lei.

O PP desexa puntualizar que en todo momento acepta que haxa incrementos salariais pero de xeito que abarquen a todo o persoal e tendo en conta a situación de crise económica que estamos a vivir que se establezan incluso calendarios para establecer tales incrementos. Igualmente, considera que a postura dos sindicatos é a habitual nestes casos, ou sexa, acadar maiores salarios e máis cobertura de ámbito sociolaboral.

Pero os populares lembran que é precisamente nestas situacións de crise cando o alcalde tén que dar mostras de prudencia e corresponsabilizarse co principio de reparto equitativo e xusto dos fondos públicos.

O GMPP lembra que a política de persoal é un desastre, porque Remedios López pensa que o concello é a “súa empresa”, e fai dela un auténtico “corralito”. Como mostra, indicar que xa foi mui contestada a concesión da paga de productividade hai un ano; os procedementos de contratación do persoal teñen sido, en certos casos, alegales, como o caso da contratación do monitor de xardinería do Obradoiro de Emprego, ou a máis que dubidosa elaboración de exames para oficiais e peóns.

Os populares consideran que o reparto dos sesenta e catro mil euros que o alcalde dixera que había para incrementos salariais neste ano 2008, é inxusto, insolidario, e discriminatorio. O PP recoñece que negociar un convenio non é doado, porque as negociacións representan mutuas concesións, pero o alcalde e Remedios López demostraron que non son capaces de facer propostas que beneficien económicamente ó conxunto dos traballadores. Se había sesenta e catro mil euros, habería que tentar que todos tiveran unha parte desa contía, pero non foi así.

Esto demostra a ineptitude do alcalde e de Remedios López, que adicaron dez meses a elaborar un convenio que debería estar asinado a finais do ano pasado. Convenio que tivo un peche “traxicomico”, propio da personalidade do alcalde e de López, xa que os representantes sindicais tiveron que asinar o convenio en dous días, un día a literatura, e outro día a parte económica.

O GMPP tamén quere destacar a postura perversa e impresentable do BNG, xa que a central sindical que lle é afecta, a CIG, non tomou parte do proceso negociador, o que non deixa de ser sorprendente; os concelleiros do BNG non formaron parte do proceso negociador; se sobreentende que deberían estar a favor dun reparto equitativo dos fondos públicos, e chegan á comisión informativa e dan a calada por resposta, cando nesa comisión o PP anunciou a solicitude de varios informes que segundo os populares deberían clarexar a legalidade dos acordos que se propoñían ó pleno.

Finalmente, os populares consideran que non é de recibo que o alcalde anuncie unha revisión da Relación de Postos de Traballo, algo que por unha parte é lóxico, porque a anterior foi aprobada a principios de 2006, e que ó mesmo tempo modifique as contías que cobrarán determinados traballadores, que non todos, sen unha valoración previa do posto de traballo.

En Burela, a once de Novembro de dous mil oito.

O GMPP do concello de Burela.

DATOS ESTATÍSTICOS SOBRE OS TRABALLADORES AFECTADOS POLOS INCREMENTOS FIXADOS NO CONVENIO.

DATOS SEGUNDO OS CADROS QUE SE ADXUNTAN NO EXPEDIENTE DA SESIÓN PLENARIA

NÚMERO TOTAL DE FUNCIONARIOS DE PLANTILLA.-  24

FUNCIONARIOS AOS QUE SE LLES SUBE O SOLDO.- 15

CONTIA  QUE SE DISTRIBÚE ENTRE OS FUNCIONARIOS QUE VEN INCREMENTADO O SEU SOLDO.- 22.400’00€

NÚMERO TOTAL DE PERSOAL LABORAL FIXO.- 44

TRABALLADORES ÓS QUE SE LLE SUBE O SOLDO.- 22

CONTÍA QUE SE DISTRIBÚE ENTRE O PERSOAL LABORAL QUE VE INCREMENTADO O SOLDO.- 25.000’00€

PERSOAL LABORAL TEMPORAL.-   +- 10.000’00€

Exit mobile version