Site icon Crónica3.com A Mariña

Pide PP medidas para equiparar os tempos de espera do Hospital da Costa aos do resto de Galicia

Nota de Prensa

O PPdeG impulsou no Parlamento de Galicia unha iniciativa a través da coa que se pretende que Sanidade asuma o compromiso de poñer en marcha solucións que garantan o dereito de acceso nun tempo asumible e producencia daqueles doentes que teñen pendentes citas cos médicos especialistas

OS POPULARES RECLAMAN Á XUNTA A ADOPCIÓN DAS MEDIDAS OPORTUNAS PARA EQUIPARAR, COMO MÍNIMO, O TEMPO DE DEMORA MEDIA DO HOSPITAL DA COSTA CO REXISTRADO NO RESTO DOS HOSPITAIS GALEGOS

•    Ata o momento o SERGAS limítase a negar o alarmante aumento das listas de espera no centro hospitalario mariñán e, xunto co bipartito, está a opoñerse a elaborar unha auditoría que acredite a situación real do colapso do centro público mariñán.

•    OS DATOS EMPEORAN: 16 das 22 consultas de especialistas no hospital da costa viron incrementada a súa lista de espera segundo os datos oficiais do último trimestre: [ Destacan os incrementos nas consultas de rehabilitación (+32 días), endocrinoloxía (+28 días), nefroloxía (+21 días), dermatoloxía (+18 días), medicina interna, oftalmoloxía (ambas +16 días), e neuroloxía (+15 días) ]

•    INCLUSO SI OS COMPARAMOS CO 2005: Os datos tamén son negativos en 13 especialidades se comparamos o tempo de espera actual co respecto ao que se rexistraba no 2005: Dermatoloxía con +61 días, cardioloxía (+53 días) oftalmoloxía (+38 días), ou uroloxía (+38 días) son as que peor comportamento rexistran nos últimos anos

Os datos que poden ser consultados na páxina web do SERGAS acreditan o seguinte:

– OFTANMOLOXÍA: O tempo de espera é superior nun 65% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.

– Media do SERGAS: 80 días.
– Hospital da Costa: 132 días (+52 días)

– CARDIOLOXÍA: O tempo de espera é superior nun 42% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.

– Media do SERGAS: 62 días.
– Hospital da Costa: 88 días (+26 días)

– PSIQUIATRÍA: O tempo de espera é superior nun 76% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.

– Media do SERGAS: 29 días.
– Hospital da Costa: 51 días (+22 días)

– DERMATOLOXÍA: O tempo de espera é superior nun 37% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.

– Media do SERGAS: 57 días.
– Hospital da Costa: 78 días (+21 días)

– UROLOXÍA: O tempo de espera é superior nun 31% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.

– Media do SERGAS: 61 días.
– Hospital da Costa: 80 días (+52 días)

– ENDICRONOLOXÍA: O tempo de espera é superior nun 15% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.

– Media do SERGAS: 62 días.
– Hospital da Costa: 71 días (+9 días)

– REHABILITACIÓN: O tempo de espera é superior nun 4% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.

– Media do SERGAS: 48 días.
– Hospital da Costa: 50 días (+2 días)

– NEFROLOXÍA: O tempo de espera é superior nun 3% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.

– Media do SERGAS: 31 días.
– Hospital da Costa: 32 días (+1 días)

Enlace coa iniciativa que será obxecto de debate:

http://www.parlamentodegalicia.es/agor003/rexistro.aspx?numRexi=0728939T

Exit mobile version