NOTA DE PRENSA:
ISMAEL REGO CUALIFICA A REUNIÓN DOS ALCALDES DO PP COMO “UNHA CORTINA DE FUME AO SERVICIO DUNHA ESTRATEXIA PERSOAL E PARTIDARIA”
– Lamenta que os Alcaldes do PP “ non poidan soportar que por primeira vez haxa un Presidente en Galicia que se preocupa da Mariña e dos seus cidadáns”
– Rego lémbralle ao Señor Martinez Sierra que “A Mariña ten voz e defensa dos seus intereses, tanto nos Grupos que sustentan ao Goberno como o que representa á oposición”
-Confirmou o firme compromiso do Presidente da Xunta “co desenvolvemento da zona Norte e da provincia de Lugo, como esta a demostrar cos orzamentos da Comunidade Autónoma”
Santiago, 20 de Novembro do 2008. O portavoz do Partido Socialista no Parlamento de Galicia, Ismael Rego cualifica a reunión dos Alcaldes do PP como “unha cortina de fume ao servicio dunha estratexia persoal e partidaria” e engade que “ algúns Alcaldes do PP só buscan protagonismo persoal a través da presunta defensa dos intereses da Mariña”.
O dirixente socialista lémbralle ao Señor Martinez Sierra que “A Mariña ten voz na defensa dos seus intereses, e tamén nos dos seus cidadáns, tanto nos grupos que sustentan ao Goberno Galego como o que representa a oposición”. Sinala que “outra cousa distinta é que o Señor Martinez Sierra teña como estratexia persoal a substitución dalgunha desas voces dentro do seu propio Partido, unha cuestión na que eu non vou entrar”, sentencia Rego.“Os cidadáns da Mariña teñen dereito a saber si detrás dunha política de aparencia de defensa dos intereses da zona se atopa única e exclusivamente unha estratexia de puro protagonismo persoal, para utilizalo como axuste de contas partidario”.
Na mesma liña Rego afirma que “o Señor Martinez Sierra e acompañantes non van a contar para esta estratexia persoal e partidaria co seu apoio, nin co dos Socialistas Galegos. Si nos atoparán nun traballo serio e rigoroso como estamos a facer na defensa dos intereses da Comarca e dos seus cidadáns, para dotalos ahora si, das infraestruturas e equipamentos necesarios para desenvolver en plenitude toda a súa capacidade emprendedora, que lles foron negados polos Gobernos do PP; que aplaudiron a rabiar o Señor Martinez Sierra e a maioría dos seus compañeiros”.
Firme compromiso coa Mariña de Lugo
O Portavoz Socialista confirmou o “firme compromiso do Presidente da Xunta co desenvolvemento da zona Norte da provincia de Lugo, como esta a demostrar, co seu protagonismo nos orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2009, e a programación para anos posteriores”.
Rego lamenta que os Alcaldes do PP “non poidan soportar que por primeira vez haxa un Presidente en Galicia que se preocupe da Mariña e dos seus cidadáns”.
Ismael Rego incidiu no traballo do Goberno da Xunta e dixo que “o Norte de Lugo é un firme protagonista tanto no Plan do Equilibrio Territorial aprobado e posto en marcha polo Goberno que preside Emilio Pérez Touriño, e tamén de xeito especial nas Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia”.