Site icon Crónica3.com A Mariña

Os centros de secundaria de Ribadeo participan no programa Komikea II

RIBADEO .- A segunda sesión do Programa Komikea II estáse a desenvolver durante esta semana nos centros de ensino secundario de Ribadeo, (CIFP Porta da Auga, IES Porta da Auga, IES Dionisio Gamallo Fierros e Colexio Sagrado Corazón) a cargo de José Angel Fernández, que lles explica aos alumnos as cuestións técnicas acerca de cómo realizar un comic, segundo informa o Programa de Prevención de Drogodependencias. A responsable do programa, Mónica Ferndández Lamparte indicou que “a primeira sesión (formacion basica en drogodependencias) xa foi desenvolvida cos alumnos de estes centros durante o mes pasado. Tras as intervencions de José Angel os alumnos continuarán co proxecto todo o curso escolar, deseñando os comics preventivos que posteriormente se publicarán co nome de Komikea II. En total 74 alumnos están a participar neste proxecto”.
Por outra banda, os alumnos de Primaria tamén continúan cos seus programas, e así a primeira semana de decembro vaíse realizar a segunda sesión do programa Entrenamento en Habilidades Sociais. Fernández Lamparte explica que “esta sesión trata sobre Cómo expresar opinions agradables e desenvolverase cos alumnos de 5º curso dos centros de Ribadeo, Barreiros, Trabada e A Pontenova. De momento están confirmadas as seguintes datas: día 1 de decembro no CEIP de Barreiros, día 2 en A Pontenova, día 3 no CEIP Gregorio Sanz e día 4 en San Miguel de Reinante. En total 95 alumnos participan neste proxecto”.
Ademáis continua a campaña institucional E se che toca a ti, que comezou no colexio Sagrado Corazón con alumnos de 3º de ESO e que continúa o 18 de decembro no CIFP Porta da Auga con alumnos dos ciclos e posteriormente desenvolverase no resto de centros de secundaria. “A Partipación estimada neste caso durante o curso é de 225 alumnos de 14 anos ou mais”, engade a responsable do Programa de Prevención de Drogodependencias que agradece “a colaboracion do profesorado e de José Angel Fernández para a realizacion destes programas”.

Exit mobile version