XOVE .- O martes 18 de novembro, de 4 a 8 da tarde, tivo lugar nunha aula do IES Illa de Sarón de Xove a primeira parte do OBRADOIRO DE AUTODEFENSA PARA MULLERES que o Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, solicitoullo ao Servicio Galego de Igualdade. A organización do mesmo corre a cargo da propia Concellería, contando coa colaboración do IES Illa de Sarón.
Wing-tsun é o que se está a impartir neste obradoiro; trátase dun sistema de defensa personal pertencente ás artes marciais chinesas. O obradoiro vai dirixido a tódalas alumnas do IES e nel poden participar tamén as profesoras do mesmo.
Dado que se trata dunha actividade extraescolar, a actividade realízase pola tarde, fora de horas lectivas. O obradoiro rematará o vindeiro mércores 26 de novembro.