Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE di que o PP quere que os galegos paguen os erros do concello na Atalaia

NOTA DE PRENSA:

Balseiro Orol pide que os galegos paguen centos de millóns polos erros do PP de Cervo na Atalaia

Os populares outorgaron licenza, cobraron os cartos, retrasaron a orden de paralización cando apareceron os restos, e agora pretenden que os galegos compren os terreos ao promotor

Si temos que resumir en varias palabras a actuación do equipo de goberno do PP de Cervo nos últimos anos, sen dúbida irresponsabilidade e insensibilidade estarían na cabeceira.

Moitos son os erros cometidos polo PP, pero poucas veces o cinismo e a hipocrisía foron tan evidentes como o feito de que un membro do goberno popular que foi quen concedeu licenza para construír na zona da Atalaia, pida agora no parlamento que todos os galegos compren os terreos ao promotor ante a evidencia dos achados arqueolóxicos.

O Grupo Municipal Socialista de Cervo quere expoñer as razóns polas que a solicitude do Sr. Balseiro non é sostible:

1º- O Sr. Balseiro é o responsable do Urbanismo en Cervo.

2º- O PP de Cervo tiña información da existencia de restos arqueolóxicos na zoa, por informes, polos medios de comunicación e o mais importante, polos propios veciños de Cervo e concretamente da zoa do Porto de arriba.

3º- Cando comezaron as obras de construción do observatorio de aves, na finca colindante, apareceron restos dun cuncheiro que foi catalogado por patrimonio.

4º- O PP, como goberno, ten a potestade de modificar puntualmente as normas urbanísticas subsidiarias, o retrasar a concesión de licenzas o informes previos cando se trata de preservar un ben que pode ser de interese para os veciños, como así o fixo, no caso da finca anexa ao museo do mar de San Ciprián o no caso falido cos terreos do Rivera Casás, entre outros. Non fixo nada ao respecto..

5º- O PP recibiu a orden de paralización de Patrimonio, o luns día 4 de xuño de 2007, e non foi ata o venres cando debido as presións dos veciños impedindo o paso dos camións á obra, un policía municipal entregou a orden ao promotor. Non fixo nada para paralizar os traballos de forma urxente.

6º- A realización de algo tan sinxelo coma unhas catas na zoa onde se pretende construír, houbesen bastado para que tódolos veciños de San Ciprián contasen a día de hoxe cunha zoa de especial valor arqueolóxico, e con proxección exterior para o Concello. Non fixo nada ao respecto.

O peor de todo e que independentemente da aparición dos restos, a zoa, polo seu enclave natural, paisaxístico e medioambiental, e digna e meritoria de protección por un goberno responsable e con vistas de futuro. Está claro que o goberno do PP ten un problema de visión que lle impide ver este tipo de cousas e no seu lugar crea problemas que despois pretende que resolvan outras administracións cos cartos de tódolos veciños.

Nos, o que lle propoñemos ao Sr. Balseiro e ao Sr. Villares é que asuman dunha vez o tremendo erro que cometeron e pidan desculpas públicas a tódolos veciños de Cervo e de Galicia, que en definitiva son os prexudicados coas súas decisións e que adopten as medidas necesarias para preservar los restos da Atalaia, sen que os galegos/as teñan que pagar polos seus erros.

En definitiva, pretendemos que o PP galego, e concretamente o PP de Cervo reflexione sobre o mensaxe que está a dar a sociedade: “non mirar polo patrimonio dun pobo, resulta barato para os que gobernan, pero moi caro para os gobernados”.

Exit mobile version