NOTA DE PRENSA:
A Deputación de Lugo aproba unha subvención para o PAI de Cervo de 54.000 €
Os socialistas pedirán de forma inmediata a retirada da taxa do PAI, o a súa redución a cambio de servizos coma horarios ininterrompidos, transporte e comedor para os nenos
A Xunta de goberno da Deputación de Lugo acaba de aprobar a “proposta de concesión de subvencións destinadas a mantemento de equipamentos de atención primaria e especializada de titularidade pública que repercutan na conciliación familiar (anualidade 2008)”.
A subvención outorgada ao Concello de Cervo ascende a 54.282,96 €, que se suma á subvención da Xunta de Galicia para complementar un servicio tan importante para o Concello.
Cabe recordar que o Concello de Cervo decidiu aplicar a taxa do PAI argumentando a reducción das subvencións que outorgaba a Xunta. Coma o total das subvencións supera os 70.000 €, non hai excusas para seguir aplicando unha taxa rechazada polos vecinos e que supuso a presentación de numerosas alegacións durante a súa tramitación.
O Grupo Municipal Socialista, plantexará ao goberno municipal a posibilidade de que se reduzca a mitade a taxa, sen eliminala, a cambio doutros servizos coma horarios ininterrumpidos, transporte e comedor, imprescindibles para a conciliación dos pais e tutores.