Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP en desacordo coa Consellería de Vivenda polo Plano Sectorial do Solo en Burela

Nota de Prensa

O GMPP considera que a Xunta actúa con prepotencia en materia de vivenda.
Os populares denuncian que non se contou nin co concello nin cos propietarios para fixar a superficie do Plan Sectorial do Solo.
Piden que o alcalde convoque ós afectados para explicarlles o proceso.

O GMPP de Burela considera que a Xunta actúa con prepotencia en materia de vivenda, ó delimitar unha superficie de máis de cincuenta mil metros dentro do Plano Sectorial do Solo da Consellería de Vivenda sen contar co concello e sen contar cos propietarios afectados. Para o PP, esta é a forma de actuar do BNG, claramente en contra da transparencia e da información; agora dirán que se abre un período de alegacións, cuestión que seguro que se fose por eles esquecerían, pero a lei hai que cumplila.
Para os populares, este proceso nace viciado, por ausencia de información tanto ó concello coma ós propietarios, e está creando inseguridade entre os propietarios afectados, que ven que se enteran pola prensa das intencións da Xunta. Por riba, o concello non pintou nada na delimitación da zona indicada, xa que o propio alcalde recoñeceu que houbera unha  única reunión en Lugo na que se comunicou a decisión da Conselleria de Vivenda.
Os populares confían en que alcalde convoque ós propietarios a unha reunión para explicarlles claramente o contido do documento que agora se atopa a exposición pública, e non limitarse a enviar unha carta, que nos parece ben, pero que é claramente insuficiente.
Para os populares, os propietarios teñen dereito a saber que se vai facer coa súa propiedade e en que condicións; a actual situación de ausencia de información crea inseguridade xurídica, e o concello tén que tomar cartas no asunto.
O GMPP manifesta que conta coa documentación correspondente, e que a pón a disposición dos interesados para poder consultala. Finalmente, considera inadmisible que desde a alcaldía se actúe con tanta frivolidade, ainda que sexa un proxecto que vai para largo. Ademais, a postura do alcalde non se coñece oficialmente, non se sabe se está de acordo co plano da Xunta ou non, e tampouco sabemos os motivos polos cales se chegou a esta situación.

Exit mobile version