NOTA DE PRENSA:
Reclamarán a Fomento para que corrixa estas deficiencias, a través de varias iniciativas tanto no Parlamento como nas Cortes Xerais
OS POPULARES DENUNCIAN VARIAS DEFICIENCIAS NOS ACCESOS Á AUTOVÍA DO CANTÁBRICO NO TREITO REINANTE-BARREIROS
* Preocupa a perigosidade que entrañan os accesos directos á autovía na zona das Eivas e na estrada procedente de Trabada. Ambos puntos carecen de accesos á rotonda da Espiñeira algo que podería conseguirse ampliando unha vía de servizo contigua.
* En San Miguel de Reinante, a deficiente execución da autovía, fai que as augas procedentes dos montes rematen por chegar ás casas e zonas habitadas.
A Mariña, 04 de novembro de 2008.- O Partido Popular da Mariña
vén de denunciar varias deficiencias nos accesos á autovía do Cantábrico -A8- no treito que transcorre entre as localidades de San Miguel Reinante e Barreiros. Os populares urxen á inmediata corrección destas eivas e, con este obxecto, trasladarán varias iniciativas tanto no Parlamento autonómico como nas Cortes Xerais. A través das mesmas reclamarán a Fomento que poña fin “nun prazo de tempo razonable” ás devanditas deficiencias.
A primeira das denuncias efectuadas desde o Partido Popular comarcal ten por obxecto poñer de relevo a perigosidade que entrañan os accesos á autovía en zonas como As Eivas ou na estrada que chega de Trabada. En ambos os dous casos o acceso realízase de xeito directo porque o proxecto non contemplou a ampliación dunha vía de servizo que uniría estes puntos coa rotonda da Espiñeira. Os populares dubidan da “legalidade” destes accesos directos “No caso da estrada que une Trabada coa autovía, incluso, o acceso directo realízase despois dunha zona en curva”
Por outra banda, o PP ten constancia de que a deficiente execución da autovía, e a falta dunha correcta canalización das augas pluviais, está a provocar que, en días de intensa choiva como os que están a ter lugar nas últimas semanas, auga procedente dos montes rematen por chegar ás casas no núcleo de poboación de San Miguel de Reinante. “En vez de dirixilas ao mar, como resulta habitual neste tipo de infraestruturas situadas no litoral”
PARTIDO POPULAR DA MARIÑA