Nota de Prensa
O PP alerta sobre o aumento do paro en Burela e pide axudas municipais.
O incremento foi de un dez por cento de setembro a outubro, 36 persoas máis.
No concello de Burela había 406 parados a 31 de Outubro.
O Partido Popular de Burela alertou hoxe a través dunha nota de prensa do incremento do paro no concello nos últimos meses. Así, se en Xuño había 382 parados, en Xullo foron 334, en Agosto 343, en Setembro 370 e en Outubro 406, ou sexa, 36 persoas máis paradas en Outubro con respecto a Setembro, o que representa un incremento de un dez por cento.
Eso significa, segundo o PP, que en Burela tamén o paro é un problema, que parece que comenza a afectar de verdade, como se ve no incremento dos últimos catro meses.
Polo tanto, agora se ve que teñen todo o sentido do mundo as propostas que fai o PP sobre o establecemento de liñas de axuda, desde o Concello, ás familias que conten con parados, para evitar que os problemas se incrementen.
O PP considera que o establecemento dun fondo de douscentos cincuenta mil euros nos orzamentos de 2009 para axudas a familias non é descabellado senon que, como se vé, tén toda a razón de ser nos tempos de crise que estamos a vivir, e que pode empeorar vistos os datos de crecemento negativo que se veñen de coñecer.
Os datos feitos públicos polo PP demostran un incremento do paro máis acusado entre os homes, e tamén no sector de poboación superior ós vintecinco anos.
SETEMBRO-08 | OUTUBRO-08 | DESVI.TOTAL | |
TOTAL | 370 | 406 | 36 (+ 9’9%) |
– 25 ANOS | 48 | 50 | 2 (4’5%) |
+ 25 ANOS | 322 | 356 | 34 (10’5%) |
TOTAL HOMES | 128 | 151 | 23 (18’5%) |
HOMES -25 | 15 | 21 | 6 (40’00%) |
HOMES + 25 | 113 | 130 | 17 (15%) |
TOTAL MULLE MULLERES-25 MULLERES+25 | 242 33 209 | 255 29 226 | 13 (4’5%) -4 (-12’00%) 17 (8’00%) |
Por sectores
SET/2008 | OUTU/2008 | DESVIACIÓN TOTAL | |
TOTAL SECTOR PRIMARIO | 370 37 | 406 44 | 36 (9’9%) 7 (18’00%) |
INDUSTRIA | 20 | 16 | – 4 (-20%) |
CONSTRUCCIÓN | 34 | 40 | 6 (18’5%) |
SERVICIOS | 190 | 210 | 20 (11%) |
SEN EMPLEO ANTERIOR | 89 | 96 | 7 (8%) |
O PP lembra que na Mariña Central tamén se incrementou o paro de Setembro, 1.098 rexistrados, a Outubro, 127 máis, un 11’5%, ou sexa, un total de 1.225 rexistrados no INEM. Os homes pasaron de 427 a 489, e as mulleres pasaron de ser 671 a ser en Outubro 736, afectan do máis ós maiores de 25 anos, que pasaron de ser 968 rexistrados a 1.085.
Na Mariña Central, por sectores, o que veu incrementar máis o paro foi o sector servicios, que pasou de 603 rexistrados en Setembro a 691 en Outubro. O sector menos castigado co incremento do paro foi, o sector primario, que pasou de 71 parados a 78.