Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz pide ao alcalde que teña en conta as alegación dos veciños no PXOU

NOTA DE PRENSA:

O PP INSTA Ó GOBERNO DE FOZ A QUE INCLÚA AS ALEGACIÓNS DOS VECIÑOS NO PXOU

* Este foi un dos asuntos tratados hoxe durante unha reunión de traballo que o Presidente provincial José Manuel Barreiro mantivo coa agrupación local que lidera Angel Cao

Foz, a 17 de novembro de 2008.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro mantivo esta tarde unha xuntanza de traballo coa agrupación local dos populares en Foz, que lidera Angel Cao, así como afiliados.

O encontro enmárcase dentro dun amplio calendario de visitas que dende a dirección provincial se están a desenvolver por toda a provincia cun dobre obxectivo. Por unha banda, coñecer de primeira man as inquedanzas dos responsables e representantes do partido, así coma para oir as súas propostas á hora de establecer as liñas de actuación da formación no ámbito local, provincial e autonómico, asegurando así a coodinación e o respaldo mutuo nas iniciativas que se presenten nas diferentes institucións.

Por outro lado, estes encontros periódicos responden á firme aposta do Presidente provincial por fomentar a participación e a apertura do partido, empezando polos afiliados e simpatizantes para seguidamente facela extensible á sociedade en xeral, ó entender que este é o mellor xeito de acadar un partido dinámico, plural e adaptado ós tempos.

Un dos temas que saliu a colación durante a reunión pola súa especial relevancia, dado que é de intese xeral e condicionará o futuro do concello, foi o Plan Xeral de Ordenación Urbana.

Os populares agardan que o equipo de goberno, tras redactar o documento sen contar co parecer de ninguén, tome agora boa nota do exemplar proceder que tiveron os veciños nas mesas de traballo creadas, a proposta do grupo municipal popular, para consensuar a presentación das alegacións que estimaran oportunas. Neste senso, dende o PP esperan que as correccións que solicitan os veciños se teñen en conta e que o equipo de goberno se asegure de que sexan incluidas no PXOU definitivo.

Exit mobile version