NOTA DE PRENSA:
O GMPP pídelle ó alcalde que convoque ós grupos políticos para elaborar os presupostos de 2009.
Manuel Fernández e Pablo Pernas afirman que a situación de crise económica será peor do previsto.
Os populares consideran que esta situación require apostas consensuadas e decididas.
O GMPP manifestou hoxe, a través dunha nota de prensa, a súa preocupación pola situación de crise económica á vista dos datos do paro rexistrado xa non só no conxunto de España, que aumentou en cáseque duascentas mil persoas, senón en Galicia, onde o paro aumenta porcentualmente máis ca no resto de autonomías.
No que se refire a Burela, a falta de saber con exactitude os datos de Outubro, sí hai que decir que o paro aumentou nos meses de Agosto e Setembro en corenta persoas, sendo o sector máis castigado o dos homes maiores de vintecinco anos.
Temendo que a situación de crise económica que se está a dar, e que moitos negaron no seu momento ou tentaron suavizala, vai afectar tamén a Burela, os concelleiros populares Manuel Fernández Valle e Pablo Pernas consideran imprescindible que o alcalde de Burela chame ós grupos políticos para consensuar un presuposto que se debe basear, segundo os concelleiros indicados, nunha forte contención do gasto corrente e do destinado a actividades improductivas; ademais, hai que marcar dúas liñas de apoio ós sectores máis desfavorecidos, o establecemento de axudas a familias con dificultades económicas, como familias numerosas, con xubilados ou dependentes a cargo, ou con parados de media e larga duración, por un lado, e o establecemento de axudas ó fomento de emprego destinadas a comerciantes, autónomos e pequeñas e medianas empresas, por outro; cada unha destas dúas liñas de axuda dotadas con douscentos cincuenta mil euros. Ademais, non se debe baixar a garda en materia de gasto social.
Para Manuel Fernández e Pablo Pernas, ante esta situación extraordinaria e de crise tan forte, o alcalde debe chamar ós grupos políticos para establecer solucións precisamente extraordinarias e decididas, baseadas no consenso e cun único obxectivo, axudarlle ós cidadáns de Burela, dentro do marco de actuación municipal, a pasar a crise económica da mellor forma posible.
Pablo Pernas e Manuel Fernández confían en que o alcalde sexa receptivo, e actúe de xeito máis aberto ca na negociación das ordenanzas, na que estivo pechado a toda negociación e a toda suxerencia.
En Burela, a catro de Novembro de dous mil oito.
Polo GMPP de Burela, Manuel Fernández Valle e Pablo Pernas.