Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela insiste en consensuar os orzamentos para 2009

NOTA DE PRENSA:

Os populares reiteraron por escrito a necesidade de consensuar os presupostos municipais para 2009.

González Barcia considera que a situación de crise pide solución extraordinarias.

O GMPP afirma que agora o PSOE quere negociar a productividade dos traballadores.

O GMPP reiterou a pasada semana, por escrito, a necesidade de consensuar os presupostos municipais para 2009, porque consideran que a situación de crixe, que afecta xa a Burela de xeito contundente, demanda solucións extraordinarias.

Para José María González Barcia, portavoz dos populares, unha mostra é o incremento do paro nos últimos meses, concretamente de setembro a outubro o número de parados aumentou un dez por cento, pasando de trescentos setenta a catrocentos seis. Pois ben, esas, entre outras, son as causas polas que o PP pide que se inclúa un fondo adicional de douscentos cincuenta mil euros para axudar ás familias máis desfavorecidas e outro fondo de igual importe para axudar ós comerciantes, autónomos e pequenos e medianos empresarios, que son as axentesque xeneran emprego e dinamizan a economía dun concello.

Xunto con eso, hai que facer unha reducción do gasto corrente no que afecta a actividade non productiva; agora non é momento de que o Concello organice festas continuamente, eses cartos hai que destinalos a actividade productiva, que é a que realmente sinten os cidadáns.

O GMPP anunciou tamén que viña de recibir unha oferta do PSOE para negociar os criterios de aboamento da productividade ós traballadores: a boas horas, mangas verdes. Os populares consideran que os criterios xa deben estar fixados nos presupostos, porque se non tal paga será ilegal, e ademais descoñecen que partida exacta se vai destinar a ese concepto. Igualmente, tampouco se lles dixo se ía haber unha contía mínima para cada traballador ou non.

De tódolos xeitos, os populares lembran que esta cuestión é competencia directa do alcalde, logo de que pleno, a través das bases de execución do presuposto anual, fixe os criterios. Querer negociar agora os criterios, parece como pretender compartir a penitencia do pecado, cando os pecadores son os socialistas, como o demostraron o ano pasado coa mesma productividade: os traballadores lembran mui ben que algunhas persoas cobraron como productividade cantidades de tres mil euros, mentres a maioría cobraba migallas.

Os populares lembran que hasta o momento non houbo diálogo para a modificar as ordenanzas, non está habendo diálogo para consensuar os presupostos; tampouco houbo ningunha consulta para a redacción do convenio, e agora pretenden engañar á xente decíndonos se queremos negociar a productividade. O alcalde o único que quere é implicarnos non asunto no que el mesmo está enfangado hasta o pescozo e do que non pode sair, porque a súa política de persoal é despótica e sectaria, e contén aspectos ilegais na contratación e nos procesos selectivos, como se tén demostrado.

En Burela,a vintesete de Novembro de dous mil oito.

Exit mobile version