NOTA DE PRENSA:
González Barcia afirma que a estrada da Marosa pode ter actuacións en materia de seguridade gracias a unha moción do PP aprobada no Senado.
Considera que a pereza do alcalde contrasta co que debe ser un alcalde emprendedor.
Barcia acusa de frivolidade ó alcalde e a Cando á hora de tratar o asunto dos accidentes na estrada da Marosa..
O portavoz do GMP de Burela, José María González Barcia, afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que o acordó adoptado o pasado día doce de Novembro no Senado, para a identificación, sinalización e posterior eliminación de puntos negros nas estradas da rede estatal, moción presentada polo Grupo Popular no Senado, e aceptada por todos os grupos políticos, deixa en mui mal lugar ó alcalde de Burela e a Nieves Cando, quenes se negaron a aprobar unha moción similar do PP burelés hai escasamente vinte días.
González Barcia foi máis aló, e anunciou que gracias ó acordó no Senado a rede viaria provincial de Lugo tamén poderá acollerse a esa iniciativa, xa que, cousa curiosa, gacias a unha enmenda socialista, se vai extender á rede autonómica e á rede viaria provincial. Polo tanto, a provincia de Lugo, gracias á moción do PP, non só contará con ese plan de identificación e sinalización de puntos negros, senon que mesmo pode recibir fondos do Estado para tal fin. Cuestión que é evidente que se pode extender ás estradas da Deputación en Burela, especialmente a estrada Burela-San Cibrao, que presenta accidentes a cotío.
Barcia non dubidou que a Deputación recibirá con bos ollos eses fondos, que en total poden sumar para o conxunto do Estado cento trinta millóns de euros, e que algún repercutirá no noso concello.
O que sí é certo é que o alcalde, por decencia política, debería agora explicar se solicitará eses fondos cando cheguen, ou se “pasará” do asunto. Barcia considera que o alcalde frivolizou sobre este asunto no pleno, e que agora resulta que a realidade lle saca a razón; coas cousas da seguridade vial non se xoga, e todo o que se faiga é pouco, cousa que o alcalde debería saber e recoñecer. Pero a súa teima política de non apoiar ningunha iniciativa do noso grupo lévao a estas situacións cando menos incoherentes e que o deixan en non mui bon lugar.
Barcia considera que a pereza é unha característica deste alcalde, á que xa nos tén acostumados, pero non contaxiados; pereza que contrasta co que debería ser un alcalde emprendedor e dinámico.
Incoherencia á que se suma Nieves Cando, porque o único senador nacionalista votou a favor da moción do PP; ainda que ultimamente a incoherencia de Nieves Cando é tal que “de facto” actuá como portavoz do grupo socialista, algo que mesmo sorprende ós propios votantes do BNG.
En Burela, a dezanove de Novembro de dous mil oito.
O portavoz do Grupo Popular, José María González Barcia.