Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela afirma que o parque empresarial terá que agardar

NOTA DE PRENSA

O GMPP asegura que Burela terá que agardar polo parque empresarial.

Os populares remítense á comparecencia do Presidente da Deputación no Parlamento de Galicia.

González Barcia considera que o alcalde non fai nada e non mira polos intereses xerais do concello.

O GMPP asegurou hoxe, a través dunha rolda de prensa, que o bigoberno da Deputación Provincial de Lugo non tén previsto abordar o parque empresarial de Burela con carácter inmediato, segundo se desprende da comparecencia do presidente da Deputación, Gómez Besteiro, na Comisión de Facenda do Parlamento de Galicia o pasado martes.

Os populares aseguran que o anterior equipo de goberno da Deputación fixou un investimento de seis millóns de euros no parque empresarial de Burela; tal investimento está contemplado nas previsións da Sociedade Urbanistica Provincial para o presente ano 2008, logo de que o equipo anterior xa o incluira para 2006 e comenzara os trámites administrativos pertinentes, pero non entra dentro dos plans inmediatos da Deputación, xa que os parques empresariais que prioritariamente se desenvolverán son os de Paradela, Castroverde e A Fonsagrada, segundo afirmou o presidente da Deputación no Parlamento. Esto quere decir que a Deputación “amiga” do alcalde e de Nives Cando ningunea a Burela, o que demostra, segundo o portavoz do PP de Burela e

portavoz adxunto do PP na Deputación, José María González Barcia, que o alcalde e Nieves Cando teñen mui pouquiño peso político e que as súas opiniòns ou non contan ou son desautorizadas por quen corresponda, como xa pasou co subparque de bombeiros que o alcalde lle ía pedir ó presidente da Deputación e que logo quedou en nada.

Segundo os populares, en ano e medio non se fixo nada, foi tempo perdido. Barcia foi máis alá ó afirmar que o alcalde non defende os intereses xerais do concello, e eso é algo que, no caso concreto do parque empresarial, comenza a ser percibido nítidamente pola cidadanía. Deste xeito, segundo Barcia, nin Perdouro, nin Puida, nin nada. Se o alcalde tivese intención de facer algo, debería saber que o equipo que estaba a redactar o plan sectorial do Perdouro é o mesmo que elaborará ou reformará o PXOM de Burela, e o acceso á documentación que estaba elaborada é doado.

Finalmente, os populares anuncian que antes de fin de mes anunciarán a presentación dunha moción ou a petición dun pleno extroardinario, algo para o que a lei lles dá potestade, para tratar este asunto que consideran de vital importancia para o futuro de Burela.

En Burela, a seis de Novembro de dous mil oito.

O GMPP de Burela.

Exit mobile version