Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que o convenio dos traballadores do concello de Burela pode ser ilegal

NOTA DE PRENSA:

O GMPP asegura que os convenios dos traballadores de Burela conteñen aspectos ilegales.

O seu portavoz afirma que contan con informes xurídicos do concello que así o acreditan.

Barcia considera que o alcalde debe recoñecer os erros e dar explicacións, “se pode e lle deixan”.

O GMP afirmou hoxe, a través do seu portavoz José María González Barcia, que os convenios dos funcionarios e do persoal laboral aprobados cos votos do bigoberno e coa oposición do PP a pasada semana conteñen elementos que son ilegais, segundo se desprende, segundo González Barcia, de informes xurídicos do propio concello.

Barcia lembrou que no pleno extraordinario do mércores día once el mesmo pediu que quedasen os asuntos riba da mesa, en tanta en canto non se contase cos informes que agora obran en poder do Grupo Municipal Popular. Para Barcia resulta “clarificador” que os aspectos que el mesmo denunciou como sospeitosos durante o debate, agora se demostran que algúns deles son ilegales.

González Barcia di que a conclusión do informe é que o texto se adecúa á legalidade “coas salvedades postas de manifesto ó longo do presente informe”, o que quere decir que tales “salvedades” son ilegais. E son as seguintes:

En primeiro lugar, a xornada laboral semanal de trinta e cinco horas que se pretende aplicar é ilegal; o mesmo informe di que “…dado que non existen razóns obxectivas para a distinción entre laborais e funcionarios debe darse un trato igual e en consecuencia fixar para ambos a xornada dos funcionarios de 37’5 horas semanais, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 7/1985 de Bases de Réxime Local, que establece que a xornada de traballo dos funcionarios locais será a a mesma que a establecida para os da Administración Civil do Estado, polo que establecida en 37’5 horas semanais, esta sería a xornada normal dos funcionarios locais, polo que debe respectarse o disposto neste precepto”.

Barcia lembra que na etapa anterior este asunto estaba perfectamente resolto e as solucións perfectamente arbitradas, polo que non entende porque se incluiu esa cuestión no convenio.

En segundo lugar, o informe xurídico di que “…os sábados son días hábiles, polo que a oficina de servicio do Rexistro debe pemanecer aberta conforme ó artigo 151 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais”. Polo tanto, pechar o rexistro o sábado, tal e como nós dixemos, é ilegal.

No que se refire ó tempo de pausa para o café, que o convenio cuantifica en vinte minutos “como mínimo”, o propio informe di que o texto aprobado “…non establece un máximo o cal pode afectar á prestación de servicios, producíndose un menoscabo dos mesmos…” ainda que o informe advirte a posibilidade de adoptar medidas en caso de abusos. A conclusión que se saca é que a reacción do texto é, simple e llanamente, unha chapuza.

No que se refire ós incrementos salariais motivados polas modificacións dos complementos específicos, o informe xurídico avala punto por punto o informe emitido por intervención ó respecto; e o informe de intervención rechaza as xustificacións dos complementos específicos que se fixeron para, á súa vez, xustificar os incrementos salariais a determinadas persoas.

O propio informe di: “…o apartado 2 do mencionado artigo (o 4 do Real Decreto 861/1986, do Réxime das Retribucións dos Funcionarios da Admón. Local) dispòn que o establecemento ou modificación do complementos específico esixirá, con carácter previo, que pola Corporación se efectúe unha valoración do posto de traballo atendendo ás circunstancias antes mencionadas. Polo exposto, reiterar a conveniencia de efectuar unha valoración obxectiva de acordo coas circunstancias anteriormente mencionadas”; polo tanto, está recoñecendo que o que se fixo se fixo mal e con criterios subxectivos, non adecuando á lei, xa que primeiro hai que facer a valoración de “todos” os postos de traballo.

Finalmente, o propio informe xurídico relativo ó punto tres do pleno, no que se aprobaba unha modificación da Relación de Postos de Traballo que non era máis ca xustificación dos aumentos de soldos de determinadas persoas indica que “A Relación de Postos de Traballo non foi obxecto de actualización dende o ano 2006, compre facer nun breve espazo de tempo unha actuación integral e completa da mesma á realidade actual do Concello de Burela e non de determinadas retribucións complementarias, atendendo ó disposto nas disposicións legais vixentes”.

Polo tanto, o que fixo o alcalde e o acordo adoptado pode considerarse ilegal.

E xa chove sobre mollado, porque xa estamos vendo moitas actuacións coma esta, en donde o alcalde e Nieves Cando se saltan a Lei á torera, e logo despois practican o “buenismo”, “buenismo” a todas luces enganoso e mentireiro.

Os populares, segundo Barcia, consideran que o alcalde debe recoñecer os erros e dar explicacións canto antes, pero primeiro debe convocar ós sindicatos, advertirlles da existencia deste informe, e proceder, conforme ós servicios xurídicos do concello, a desfacer esta desfeita, e non perxudicar á metade dos traballadores, xa que dos sesenta e catro mil euros que había para incrementos salariais, a metade do persoal non verá nin un só euro.

O peor, é que non sabemos se o alcalde pode ou lle deixan dar explicacións ó respecto, pero alá el, calquera persoa que leve ó xulgado os acordos adoptados tén todas as de ganar.

O PP, aclara Barcia, non o fará, por respecto ós asinantes, e porque entendemos que deben ser os propios traballadores os que adopten as decisións que estimen oportunas. Nós facemos unha valoración política, e a conclusión é que a conducta amosada polo alcalde e por Nieves Cando, que en todo momento pareceu máis a portavoz socialista ca do BNG, é a todas luces censurable e impresnetable. Se actúan así nestes temas, podemos esperarnos o peor.

En Burela, a vintedous de Novembro de dous mil oito.

Exit mobile version