NOTA DE PRENSA:
González Barcia asegura que o alcalde minte compulsivamente.
O portavoz do PP considera que Llano está preso de certas persoas.
Barcia desgrana as mentiras do pleno do martes dun alcalde que cada día que pasa é máis patético.
O portavoz do GMPP, José María González Barcia, asegurou hoxe mediante unha nota de prensa que o alcalde de Burela minte compulsivamente, e tentando, dentro da súa paranoia, zafarse toda responsabilidade cargando culpas sobre os demais, esquecendo que el é o alcalde, ainda que non o teña asumido. Cada vez que tén un problema, todos son culpables menos el, e por riba minte, e cada vez minte máis.
Barcia desgrana as mentiras do alcalde en relación co pleno do martes, alcalde que cada día que pasa ofrece un perfil máis patético pero tamén máis pérfido e perverso:
* O alcalde di que os traballadores cobrarán a desviación do IPC. Primeira mentira: os traballadores non cobrarán a desviación da inflación porque non se pode cobrar por ningún outro concepto que non esteña incluido no convenio. Non estaría de máis que o pagara el do seu bolsillo.
* O alcalde di que o cobro do desvío do IPC analizouno a comisión paritaria. Segunda mentira: a comisión paritaria non está constituida porque, sencillamente, ainda se aprobou o convenio o pasado martes, e a comisión paritaria non tén capacidade de decisión sobre os conceptos a cobrar; é unha comisión de seguemento de resolución de problemas puntuais fóra do orde económico. O alcalde está escurrindo a súa responsabilidade, e queda realmente mal.
* O alcalde di que o servicio de rexistro é pouco usado o sábado. Terceira mentira, ou media mentira: mui usado non é, porque é sábado, pero a lei obriga a que o rexistro estea aberto o sábado alomenos unhas horas, sobre de todo porque hai portelo único. Mire o alcalde que pasa na Xunta ou na Deputación.
* O alcalde di que hai que compensar as horas dos sábados. Cuarta mentira do alcalde, porque esas horas van incluidas no cómputo total horario dos traballadores, porque de non ser así estaríanse incumplindo normas legais básicas.
* O alcalde di que a mesa de negociación decideu pechar o concello os sábados. Quinta mentira do alcalde: porque a mesa de negociación non pode adoptar acordos que se opoñan á lexislacion vixente. E aquí o alcalde tenta desfacerse da súa responsabilidade e cárgalla á mesa de negociación.
* O alcalde di que técnicos da Deputación foron os que lle axudaron a el e a Remedios López a facer as xustificacions do punto tres. E se o di agora, porque non contestou ás preguntas que sobre esto lle fixemos no pleno? Porque é mentira, nin el nin Remedios López (menudo dúo) son capaces de facer tal xustificación; foi un único traballador do departamento de recursos humanos da Deputacion quen elaborou tales documentos, e despois dunha petición non oficial do alcalde.
* O alcalde di que non se exclúe a ninguén da modificación que nós consideramos ilegal, ou alomenos irregular, da Relación de Postos de Traballo. Outra mentira, porque só se benefician a metade do persoal laboral fixo, e quince de vintecatro funcionarios. Os demais non cheiran un euro. Si ou non? E decimos que a modificación da RPT pode ser ilegal porque se modifican as condicións de traballo de certos postos sen que se teña escoitado ás persoas que están ocupando eses postos por oposición.
* O alcalde di que o dos vinte minutos é “unha garantía de que hai vinte minutos para o café”. Nova mentira, porque o texto pón claramente que ese é “o tempo mínimo”. E esta nova mentira é mentira, porque para aclarar eso non fai falla poñelo no convenio, porque así aparece reflectido na lexislacion en vigor. O que pasa é que cometen erros, pero son tan cobardes e tan intelectualmente limitados que non os recoñecen.
González Barcia considera que o alcalde non exerce como alcalde porque está preso polos intereses de certas persoas, que son as que realmente están gobernando o concello, facendo o que lles dá a real gana e obligando ó alcalde a facer o que eles queren, porque ven a debilidade intelectual deste alclade. Son persoas que se moven ó redor do alcalde, algunhas do seu entorno personal, outras non, pero que exercen unha grande influencia sobre el, influencia tal que vén derivada de posicionamentos políticos feitos antes das eleccións municipais e incluso despois. Por eso este alcalde está xa amortizado, e como tal non tén moito máis que dar de sí.
Por último, Barcia considera que o infantil, torpe, e políticamente incapaz, é o alcalde, que cando vé que non tén razón e o critican por eso, o único que se lle ocurre é cargarlle a culpa ós que están implicados, tentando salvarse el. E non se dá conta de que así o que está demostrando é aquello que todos decíamos cando eramos pequenos: “Eu non fun, foi el, foron eles…”. Coitadiño…
Tanto é así que afirma que “non entendemos porque nos culpan a nós, porque tamén estaban os sindicatos…”, esquecendo que él é o alcalde e o que representa á administración municipal e polo tanto o único que está lexitimado para facer ofertas e aceptar demandas durante a negociación cos sindicatos. Outra forma de sacarse culpas, cando o responsable político é el.
Por eso, el é o único que neste escenario presenta o aspecto máis infantil pero tamén malicioso. Non é de fiar, e as súas mentiras xa se están facendo habituais. Eso sí, non minte cando cobra a fin de mes, cando cobra a fin de mes simplemente por exercer decindo mentiras unha vez sí e outra tamén e demostrando o seu mal xenio, incapaz de encaixar críticas, e mostrando a cara oscura dunha persoa que tén demostrado sobradamente a súa vagancia e a súa incapacidade para levar unha alcaldía con dignidade.
En Burela,a trece de Novembro de dous mil oito.
O portavoz do GMPP, José María González Barcia.