Site icon Crónica3.com A Mariña

José Manuel Balseiro distinguido coa medalla de Cabaleiro da Áncora.

NOTA DE PRENSA

Esta distinción recoñece o seu traballo como voceiro de asuntos marítimos do Grupo Parlamentario Popular e a defensa do mundo do mar e dos membros das tres mariñas
JOSE MANUEL BALSEIRO OROL DISTINGUIDO COA MEDALLA DE CABALEIRO DA ÁNCORA DE PRATA POLA LIGA NAVAL ESPAÑOLA

* O acto de entrega deste recoñecemento terá lugar o 21 de novembro, nunha cea, no Salón de Actos Sociais da Xurisdición Central da Mariña en Madrid

A Mariña, 01 de novembro de 2008.- O deputado mariñán do Partido Popular de Galicia, José Manuel Balseiro Orol, foi distinguido coa medalla de cabaleiro da áncora de prata pola Liga Naval Española, unha asociación independente e apolítica, recoñecida como de utilidade pública.

A devandita distinción da que é merecedor Balseiro Orol ten como obxecto servir de recoñecemento ao desempeño do seu traballo como voceiro de Pesca e Asuntos Marítimos do Grupo Parlamentario Popular, responsabilidade que vén desenvolvendo na presente lexislatura.

A Liga Naval Española, presidida por Jose Antonio Fernández Palacios, é unha organización de carácter nacional que ten entre os seus fins a promoción e defensa dos intereses marítimos de España, a protección do medio mariño e das súas costas, a seguridade da vida humana no mar, a colaboración no salvamento marítimo por medio da Patrulla Auxiliar Marítima e, a colaboración coas catro mariñas: a armada, a mercante, a pesca e a deportiva.

Precisamente cada un destes fins son coincidentes co traballo desenvolvido polo deputado popular José Manuel Balseiro Orol quen, foi autor de múltiples iniciativas no seo do Parlamento de Galicia que tiñan por obxecto a defensa destes intereses e daquelas persoas relacionadas, directa ou indirectamente co mundo do mar. O galardoado acolleu con gran satisfacción o devandito recoñecemento.

A entrega do distintivo terá lugar nunha cea, programada para o 21 de novembro no Salón de Actos Sociais da Xurisdición Central da Mariña en Madrid.

PARTIDO POPULAR DA MARIÑA

Exit mobile version