Nota de Prensa
O BNG CRE QUE COA ORDENANZA REGULADORA DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS SE DINAMIZARÁ CULTURAL E SOCIALMENTE BARREIROS.
Barreiros, 26 de novembro de 2008. Desde o BNG valoran de xeito moito positivo que no pleno do pasado luns se aprobase por unanimidade unha moción presentada polos nacionalistas para regular a concesión de subvencións ás asociacións de Barreiros. Xesús Díaz e Antonio Veiga lembran que <pedíamos a elaboración dunhas bases para regular a concesión de subvencións ás asociacións sen ánimo de lucro que estean legalmente constituidas e que desenrolen actividades de interés xeral para o municipio sexan de carácter cultural, veciñal ou deportivo; ou ainda que sendo doutra zona da comarca realicen parte da súa actividade en Barreiros>.
Os nacionalistas pedían tamén que <se creara un rexistro municipal de asociacións que se fora actualizando anualmente para saber realmente quenes son os que fan ou non fan actividades. Cremos que si se leva adiante esta moción que se aprobou por unanimidade e se elaboran unhas bases ou esa ordenanza reguladora garantizaríase a transparencia, garantizaríase un repato equitativo e rentabilizaríanse os recursos moito mellor por parte do Concello posto que en moitos casos se lles estaban dando subvencións a asociacións que non realizaban actividades e moitas incluso estaban cos estatutos sen legalizar ao abeiro da lei 2002>. Díaz e Veiga consideran que <así será moito máis fácil coordinar as actividades das asociacións, ter controlado o que fan para que a política cultural do Concello non choque coa dinámica destes colectivos e se poidan complementar>.
O BNG cre que <con estas bases conseguiremos que Barreiros se dinamice cultural e socialmente, que boa falta nos fai>.