Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro propón que o concello adecente o aparcadoiro contiguo a Correos

Nota de Prensa

O BNG PROPÓN QUE SE ADECENTE O APARCADEIRO CONTIGUO AO EDIFICO DE CORREOS

O BNG DENUNCIA O LAMENTABLE ESTADO DUN APARCADEIRO PÚBLICO NO LODEIRO

O concelleiro do Bloque Nacionalista Galego na corporación de Viveiro vai defender na vindeira sesión de pleno unha moción na que proporá á alcaldía que xestione o adecentamento da superficie existente entre o edificio de Correos e a Gardería Infantil. Este espazo vén sendo utilizado como aparcadeiro de vehículos e atópase na actualidade cheo de fochancas e totalmente intransitable. “Está totalmente abandonado e pfesenta un aspecto lamentable—dí Goás Basanta—sendo como é un espazo próximo e ben comunicado co casco histórico”. Na iniciativa nacionalista lémbrase que esta parcela estaba destinada nun principio para edificar nela o edificio administrativo da Seguridade Social. “Despois de varias voltas e reviravoltas, de promesas e máis promesas por parte de Roel e de visitas e inspeccións de responsábeis ministeriais—lembra o concelleiro do BNG—e mesmo da oferta doutro espazo, o que ocupa hoxe a coñecida Casa dos Mestres na rúa Constanza de Castro, nada se sabe deste proxecto—lembra o concelleiro do BNG–é por iso que o Concello debería asfaltar e marcar neste espazo prazas de aparcadeiro, alomenos así esta parcela resutaría de utilidade, pois tal e como está hoxe—conclue Goás Basanta—é unha vergoña manter estas fochancas na mesma entrada da vila”.

Exit mobile version