Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo pide eliminar as taxas do punto de atención infantil de San Cibrao

A DELEGACION DE BENESTAR SOCIAL DA DEPUTACION VEN DE CONCEDER AO CONCELLO DE CERVO AXUDAS POR 55.600 EUROS.

Esta area do goberno nacionalista da Deputación de Lugo concedeu as axudas que supoñen o máximo financiabel das dúas solicitudes presentadas polo concello.

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou no día de onte as propostas da Area de Benestar Social da Deputación de acordo coas bases da convocatoria de axudas publicada no BOP o 28 de xullo de 2008 para atender as solicitudes dos concellos para “mantemento de equipamento de atención primaria e especializada que repercutan na conciliación familiar” na que o concello de Cervo presentaba un proxecto cun orzamento de 77.547,08 €, dos que lle foron concedidos 54.282,96 €, máximo permitido polas bases das axudas que podían chegar ao 70% do orzamento total.

Coa mesma data de publicación no BOP, convocáronse subvencións dirixidas a concellos e destinadas a promoción do ocio infantil, solicitándose desde o concello axuda para un proxecto de mellora dun parque infantil cun investimento total de 1.876,19 € dos que a Area de Benestar social subvenciona con 1.313,33 € o 70% permitido polas bases da convocatoria.

NOTA DE PRENSA:

O BNG PIDE A ELIMINACION DA TAXAS DO PUNTO DE ATENCION INFANTIL DE SAN CIBRAO

O IMPORTANTE APOIO DA DELEGACION NACIONALISTA DA DEPUTACION CONTRASTA COA ESCASA
INICIATIVA MUNICIPAL.

Se ben dende a Delegación de Benestar Social da Deputación que dirixe a nacionalista Mª Xosé Vega deuse o máximo apoio as solicitudes presentadas polo concello, temos que lamentar a falta de iniciativa do goberno municipal que unicamente presenta un proxecto de escasa contía para arranxo dun parque infantil, cando a maioría dos do concello atópanse nun estado lamentábel con deficiencias que incluso poden chegar a ser perigosas, ademais o concello deixou pasar a posibilidade de presentar solicitude para actividades infantís que tamén entraban nesta orde de axudas.

A AXUDA DE 54.282,96 € SUPON A FINANCIACION TOTAL DO PUNTO DE ATENCION INFANTIL POLO QUE O CONCELLO DEBERIA REDUCIR DRASTICAMENTE AS TAXAS QUE SE COBRAN AOS USUARIOS.

Coa concesion desta axuda ligada ao financiamento do P.A.I. o goberno municipal terá solucionados os problemas argumentados para establecer unhas taxas que foron moi protestadas polos veciños e que certamente son esaxeradas para o servizo que se presta polo que procedería a súa drástica diminución.

Exit mobile version