Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo critica a contratación directa do irmán da concelleira Chelo Gallego

NOTA DE PRENSA

O BNG SIGUE DENUNCIANDO, POR INNECESARIAS, AS CINCO DEDICACIONS DO GOBERNO PARA UN CONCELLO DE 4.800 HABITANTES CUN CUSTE ANUAL DE MAIS DE 120.000.

Esta demanda xa se fixo na anterior corporación cando era época de vacas gordas, agora con moita mais razón, reclamamos a súa eliminación.

As iniciativas de mellora presentadas polo BNG son innumerables e foron laminadas sistematicamente polo Partido Popular nos plenos

O BNG seguirá denunciando que 5 dedicacións ao concello cun custe anual que supera os 120.000 euros ano é un luxo que o concello de Cervo, coa situación económica que ten, non se pode permitir; ao goberno municipal semella preocuparlle mais manter as súas componendas internas que facer fronte ás súas obrigas cos provedores, ou atender os servizos que reclama a cidadanía cunha calidade e prezos comparables aos que se ofrecen noutros concellos da comarca, como sucede co P.A.I. de San Cibrao.

Non é esta a única ocasión na que o BNG reclamou contención do gasto público no que se refire a dedicacións parciais do goberno municipal, xa o fixo na anterior corporación cando os custes eran menores e reclamábamos maior transparencia no réxime destas dedicacións, é lóxico que agora o fagamos con maior forza xa que estes gastos aumentaron considerabelmente, pasando de 82.367 a 96.224 euros ano, sen contar seguridade social, dietas, gastos de telefonía e outros que fan engordar os custes dun goberno municipal que ademais de baixar de 8 a 6, goberna nun concello que diminuíu a súa poboación en 300 persoas e a capacidade de recadación en cifras alarmantes en relación a anos anteriores.

O BNG NON ENTRA AO TRAPO DE DESCUALIFICACIONS PERSOAIS QUE SE CUALIFICAN SOAS.

As descualificacións persoais definen a quen as fai, polo que o BNG non vai entrar a discutir “rabietas infantís” que non se sosteñen; en todo caso pedimos transparencia e seguimos agardando que se publiquen na web municipal as 5 dedicacións, cos salarios e réxime de dedicación, ademais de poñer a disposición do pleno da corporación as xustificacións documentais para o cobro das tres dedicación parciais que de momento nunca vimos. Ao contrario do que sucede no goberno da Xunta ou na Deputación de Lugo, onde se poden consultar os salarios de tódolos membros do goberno, esiximos que a mesma transparencia chegue á corporación municipal de Cervo.

PARA COLOCACIÓNS DIXITAIS, A DO IRMAN DA CONCELLEIRA CHELO GALLEGO.

Aclararlle á concelleira do PP que o BNG, ao igual que o PP na Deputación que por primeira vez ten persoal ao seu servizo con cargo aos orzamentos provinciais, ten plena capacidade para elixir ao seu persoal de confianza; sorprende que precisamente sexa Chelo Gallego quen critique estes postos cando ten un familiar directo, militante de NN.GG., que optou a un posto no concello de libre concorrencia, traballando con continuas prorrogas do seu contrato no concello de Cervo e cunhas funcións que descoñecemos, xa que cando o facía con cargo ao “Proxecto Diana”, nunca se deu conta do seu traballo a pesar de telo solicitado e agora que o fai como A.D.L., sen previa convocatoria pública de emprego, fai de todo menos traballar no desenvolvemento de actividades para o conxunto dos veciños.

AO PP SOBRALLE ARROGANCIA E FALTALLE COHERENCIA E ACTITUDES DEMOCRATICAS.

Dende o BNG queremos lembrarlle ao PP o seu ensañamento cando durante o goberno socialista de Roberto Álvarez criticou con dureza o uso por parte dunha concelleira do PSOE de vehículos da policía local para os seus desprazamentos, agora que a situación se repite semella que non vai con eles; lembramos que para ser decente non só hai que selo, hai que parecelo e dende logo non son os policias locais os encargados de transportar ao goberno aos plenos municipais como sucedeu no último celebrado en Cervo, por poñer un só exemplo.

A oposición en democracia ten a obriga e o deber de exercer o control do goberno e presentar alternativas, o BNG faino en Cervo, se isto lle molesta a Chelo Gallego da a sensación de que non entende o xogo democrático, ao igual que tampouco se entende que acuse ao BNG de falta de traballo, cando somos o grupo de oposición que mais mocións presenta a pesar de ter que ver como todas, sistematicamente son laminadas ou desvirtuadas polo grupo do que ela forma parte.

Cervo, 4 de novembro de 2008.

Xoán Antón Estúa García.

Concelleiro portavoz do BNG.

Exit mobile version