Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros dille ao alcalde que o concello non é unha empresa privada

NOTA DE PRENSA

ANTONIO VEIGA DILLE AO ALCALDE DE BARREIROS QUE O CONCELLO NON É UNHA EMPRESA PRIVADA SENÓN QUE É ALGO MOITO MÁIS SERIO QUE UNHA XESTORÍA.
Barreiros, 7 de novembro de 2008. Antonio Veiga, voceiro do BNG en Barreiros, dille ao alcalde, Alfonso Fuente, despois de seren aprobados de xeito definitivo os orzamentos municipais para 2008 que <o Concello de Barreiros non é unha empresa privada, senón que é algo moito máis serio que unha xestoría>. Veiga Outeiro di que unha vez máis <o Concello de Barreiros aprobou os orzamentos do ano en curso faltando dous meses para rematalos. Ésta é a tónica xeral do Concello de Barreiros desde hai anos, e cun engadido este ano. Nós decimos que se aprobaron temerariamente porque as reclamacións que hoxe se viron no pleno presentadas pollo BNG foron estimadas pola secretaría-intervención no sentido de que estes orzamentos están inflados porque os gastos previstos non se van poder cumplir porque os ingresos non están perfectamente concretados>. O edil nacionalista engade que <estímanse uns ingresos de dudoso cumprimento e entón ou quedarán, como diciamos hai días, servizos sen dar, ou se darán servizos mal ou o Concello váise endebedar>.
A Antonio Veiga o que lle parece máis grave <é que se bote man dunha empresa asesora de nome Urbalia (Empresa de Urbanismo e Administración Local) segundo reza no informe que nos presentaron minutos antes de procederse á votación dos orzamentos o cal é un auténtico pitorreo. Negóuselle unha vez máis á secretaria poder intervir a petición deste portavoz municipal…Vemos que o Concello está derivando non só en temas de presupostos senón en temas xurídicos e administrativos hacia un calexón sin saida, dado que non só se obvian e se fai caso omiso das advertencias de secretaría-intervención no caso dos orzamentos senón tamén por exemplo nas nóminas do persoal que están reparadas por intervención e se sacan para adiante igual>.
O BNG <augúralle ao alcalde, Alfonso Fuente, senón cambia de política e senón se establecen unhas boas relacións entr todo o equipo administrativo do Concello que serán os veciños os que paguen as súas cabezonerías e os seus desencontros>.

Exit mobile version