A MARIÑA .- As inundacións e desbordamentos de ríos que houbo a fin de semana foron o preludio do acaecido luns e martes; houbo desprendementos en varias estradas, inundación en vivendas e naves industriais afectadas.
O desprendemento dun ribazo de terra ocasionou en Ribadeo importantes danos en naves do porto comercial de Mirasol. En Barreiros, según indicou o alcalde cortáronse estradas e “hai xente á que lle entrou a auga nos baixos das súas casas e tamén están afectados varios chalets da praia”. Entrou auga na oficina de correos e rebentou una tubaria nun edificio.
Tamén houbo inundacións en A Pontenova.
A rede viaria local resultou danada, houbo desprendementos e ramos costados nos concellos de Lourenzá, Valadouro, Ribadeo
Notas de Prensa do Comcello de Ribadeo e Barreiros
Concello de Barreiros
CATRO PALAS TRABALLARON TODA A TARDE EN BARREIROS PARA LIMPAR AS ESTRADAS ANEGADAS POLA TROMBA DE AGUA CAIDA ESTE MEDIODÍA.
Barreiros, 4 de novembro de 2008. Catro palas e varios operarios municipais traballaron toda a tarde para limpar as estradas que se viron anegadas tras a intensa tromba de auga que caeu ás tres e media desta tarde en Barreiros. O alcalde asegura que <hai dúas estradas da Deputación cortadas e unha de titularidade municipal… tivemos que facer cortes para conducir a auga para as cunetas porque estaba acumulada nos viais>. Alfonso Fuente alégrase da visita <realizada a Barreiros pola asistencia técnica das empresas que executan as obras da autovía. Cando viron o que estaba a pasar botaron as mans á cabeza e déronse conta de que o que contábamos e as obras que reclamamos son necesarias. Nós estábamos esperando a que chovese en Barreiros para decirles que é o que pasa. Agora admiten facer as obras que lles pedimos>.
O rexedor barreirense engade que <hai xente á que lle entrou a auga nos baixos das súas casas e tamén están afectados varios chalets da praia, ainda que estes sempre teñen problemas cando chove moito porque están máis baixos que o nivel do terreno>.
A parroquia de San Cosme xa recuperou o suministro de auga a primeiras horas desta tarde despois do reventón que se rexistraba esta madrugada nunha das tuberías xerais da rede de abastecemento. O alcalde agarda que non volte a romper e anuncia que <agora imos cambiar 300 metros desa tubería que ainda queda de uralita por unha nova>. San Cosme estivo onte casi todo o día sen auga e hoxe desde as oito da mañá ata as dúas da tarde. Alfonso Fuente considera que <se trata dunha avería que se puido producir en calquera momento>. A oficina de Correos xa está limpa tras a inundación que sofría hoxe e mañá estará aberta ao público na súa dirección de sempre.
Concello de Ribadeo
O ALCALDE DE RIBADEO AGRADECE A PORTOS O INTERESE POR ARRANXAR OS ESTRAGOS DO RIBAZO DESPRENDIDO
RIBADEO.- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, acompañou ao presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga na visita que cursou esta tarde ao porto comercial de Ribadeo, onde un ribazo de terra ocasionou estragos importantes en dúas naves: nunha o domingo e noutra esta mesma mañá. Jacinto Parga dixo que as obras de emerxencia que haberá que acometer terán que ir ao Consello da Xunta, pero que “antes de nada temos que actuar. Mañá volverán aquí os técnicos de Portos co director da obra de emerxencia para ver como se pode reparar todo isto. Eu hoxe vin transmitirlles tranquilidade ás persoas que traballaban nestas instalacións e dicirlles que buscaremos un lugar axeitado para que poidan seguir coa súa actividade”.
Parga dixo que probablemente as naves se teñan que facer de novo e engadiu que “esta non era unha zona na que se estivese a actuar. O que pasou foi que se produciu unha acumulación de auga debido ao que choveu estes días e cedeu a parte de recheo das naves, o resto o da cimentación non presenta problemas porque ten pedra, tal e como toda esta fachada, e si os tivese puido ter derribado as naves todas”.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, agradeceulle a Portos de Galicia a celeridade coa que está a actuar en Ribadeo e engadiu que “tal e como acaba de asegurar o presidente de Portos agora buscarase unha solución transitoria para que estas empresas poidan seguir traballando e despois haberá que construír esas novas naves. Este ribazo de pedra está moi consolidado por toda esta zona do porto, e xa no proxecto de Portos de 2004 se analizaba a posibilidade de construír máis naves nesta zona, e como non hai mal que por ben non veña, pois quizais agora estas naves que estaban un pouco vellas poidan cambiar”.
Concello de Barreiros
EN BARREIROS, VECIÑOS SEN AUGA E DANOS NA OFICINA DE CORREOS POR UNHA ROTURA DAS TUBAXES XERAIS
BARREIROS .- Esta madrugada rexistrábase un rebentón nunha das tubaxes xerais do abastecemento de auga de Barreiros. O alcalde, Alfonso Fuente, explica que “onte pola tarde produciuse unha fuga que estivemos tentando localizar porque nos baleiraba os depósitos na parroquia de San Cosme. Atopámola ás 7 da tarde e ata as 11 da noite estivérona arranxando, e o que pasou foi que durante a noite volveu rebentar e inundou a oficina de Correos”.
Persoal do Concello e de Protección Civil procederon esta mañá a achicar auga nesas instalacións “nas que hai danos importantes sobre todo no mobiliario e tamén se mollou parte da correspondencia. O servizo de Correos foi trasladado ás novas oficinas situadas na rúa Vila debido a eses estragos sufridos esta noite polas antigas instalacións. E os veciños de San Cosme están hoxe de novo sen auga”, engade Alfonso Fuente.
O alcalde de Barreiros asegura que “tamén se está a resentir moito a rede viaria por mor deste temporal, sobre todo as estradas da Deputación Provincial porque hai poucos días que se procedía ao seu roce, fíxose bastante tarde algo que ocasionou que se acumule moita maleza que está a taponar as cunetas. Hoxe coa maquinaria estamos procedendo a abrir ditas cunetas. Tamén avisamos á Deputación de que o río levou unha ponte na estrada da praia en Reinante. A crecida dos ríos é grande e esa estrada está cortada na actualidade”.
Concello de Ribadeo
UN NOVO DERRUBE DE TERRA DEIXA ESTRAGADA OUTRA NAVE NO PORTO DE RIBADEO
RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que as choivas destes días ocasionaron danos nas estradas “de titularidade municipal, nas da Deputación e nas da Xunta. Hai arribadas de terra e gaviais que se desbordan, pero o máis triste está no porto comercial de Mirasol”.
O rexedor di que “si antonte unha lingua de terra lle afectaba a unha nave, hoxe ás oito da mañá un novo desprendemento, unha nova lingua de terra fixo practicamente inservible doutra nave anexa adicada á reparación e venda de motores de embarcacións”. Fernando Suárez engade que “está previsto que o presidente de Portos de Galicia veña pola tarde a supervisar o que pasou, pero agora o que procede, e así me consta que Portos está nesa idea tamén, é facer o necesario para estabilizar ese ribazo para que non siga desprendéndose máis e darlle unha situación transitoria a esta xente para que poidan seguir a desenvolver a súa actividade, xa que estas naves eran propiedade de Portos”.