Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela estima que nuns dous meses iniciaranse as obras de mellora da EDAR

BURELA .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, desplazouse a Lugo para manter un encontro co delegado provincial de Medio Ambiente, Eduardo Vidal e presentarlle as melloras a acometer na EDAR. Llano contou que “levéille o proxecto de mellora que temos previsto realizar nestas instalacións para que se optimice o servizo que se presta a Burela. Vánse instalar novos motores e bombas máis potentes. Medio Ambiente acéptanos o proxecto e será Augas de Galicia a que se encargue da súa licitación e da realización das obras”. O rexedor agarda que “no prazo de dous meses como moi tarde teñamos esas obras en marcha, que van supoñer un investimento de 185.000 euros. Eu penso que serán suficientes para realizar esas melloras”.

Llano tamén falou con Vidal “do separativo de pluviais e residuais que é unha obra moi necesaria para Burela ainda que entendemos que pode ser molesta, pero cando estea finalizada fará unha boa labor. Falamos do proxecto que está en fase de elaboración e que en poucos días estará rematado para entregar a Augas de Galicia que tamén se encargará da súa licitación, xa digo é unha obra moi importante para Burela”

Exit mobile version