Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela corrixe a asociación de veciños O Vencello

BURELA .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, corrixe a asociación de veciños O Vencello e aclara que “nunca dixen para nada que o concello fose un tenderete, nin moito menos” en referencia a afirmación vertida pola citada asociación de veciños de Burela. O alcalde explica que “eu estáballe a contestar no pleno de outubro ó portavoz da oposición sobre un tema político que herdamos e referíndome a como atopamos a situación cando chegamos ó concello foi cando aludín a esa situación coma a un tenderete”.
Llano asegura que a asociación de veciños O Vencello “defínense coma neutrais, sempre andar a dicir por aí que son neutrais e cando saen das reunións do PP – porque xa non se pode negar esa realidade – de alí a dous ou tres días aparecen cunha notiña de prensa.

Nota de Prensa

O ALCALDE DE BURELA DI QUE AS MANIFESTACIÓNS REALIZADAS POLO VENCELLO SON INFANTÍS E POUCO RESPONSABLES. LLANO ASEGURA QUE NUNCA DIXO QUE O CONCELLO É UN TENDERETE.

Burela, 11 de novembro de 2008. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asegura que os membros de O Vencello <interpretaron moi mal as miñas verbas cando dixen a palabra tenderete e eu o único que creo é que tentan confundir ós veciños. Eu estáballe a contestar no pleno de outubro ó portavoz da oposición sobre un tema político que herdamos e referíndome a como atopamos a situación cando chegamos ó Concello foi cando aludín a esa situación coma a un tenderete. Nunca dixen para nada que o Concello fose un tenderete, nin moito menos>.

O rexedor di que se trata <dunha mala interpretación e parece imposible que estes señores poidan ser representantes de algo. O que é unha pena é que estes señores que deberían estar traballando en facer propostas e aportar cuestións positivas adícanse a facer estas outras cousas. Defínense coma neutrais, sempre andar a dicir por aí que son neutrais e cando saen das reunións do PP (porque xa non se pode negar esa realidade) de alí a 2 ou 3 días aparecen cunha notiña de prensa>.

Alfredo Llano engade que <esas notas son unha escusa para tapar a súa mala xestión coma representantes dos veciños, porque aquí non viñeron nunca cunha proposta clara e real e nós sempre os recibimos ben, porque queremos levarnos ben con todo o mundo. Que se empregue a algún que di que representa a unha asociación para insultar ou para minar ós políticos que estamos no Concello é unha pena>.

Llano dille ó Vencello que <deben reflexionar para ver a onde chegan as súas responsabilidades, deben analizar como interpretan as cousas que escoitan e que non utilicen esas malas interpretacións como algo que no fondo é infantil e moi pouco responsable>.

Exit mobile version