Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela avisa ós veciños por carta que urbanizará un terreo para vivendas protexidas

BURELA .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, envía desde hoxe e ó longo de toda a semana cartas ós veciños da localidade dándolles información sobre o proxecto que a Consellería de Vivenda ten para a zona de Foxo. O rexedor explica que alí “levárase a cabo unha urbanización do terreo onde se construirán vivendas de protección oficial. Como considero que os veciños deben estar informados por iso decidín enviarlles este escrito que recibirán nos seus buzón nestes días”.
Alfredo Llano di que “a actuación forma parte do plan sectorial do solo de Galicia con destino a vivenda protexida. Os terreos que hai alí ocupan uns 53.000 metros cadrados. O proxecto atópase en período de información pública ata o 23 de decembro, e ainda que todos os veciños van sabendo queremos garantir que todo o mundo estea enterado de todo. Ademais si alguén quere facer consultas pode dirixirse ás propias oficinas do Concello”.

Exit mobile version