BARREIROS .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, pedirálle mañá á ministra de Fomento, Magdalena Álvarez que “e comprometa diante dos veciños de Barreiros a solucionar todos os problemas que a autovía do Cantábrico lles está a causar a moitos veciños do noso concello”. O rexedor asegura que “o que viña sendo algo normal que eran os traballos de construción desta autovía, onde se coordinaban ata hai pouco os accesos dos camiños e agora Iso non se fai. Non entendo o porqué da urxencia da inauguración deste tramo da A-8 cando se están a deixar moitas cousas sen resolver”.
Fuente Parga engade que “hai temas que desde Fomento se está a dicir que si, coma as baixantes da auga que vimos reclamando en varias ocasións, de feito eu dirixín varios escritos a Fomento pedíndolle que se solucionara o tema das augas dos montes que baixan cara as casas sen ter en conta porqué canles van e sen calcular as crecidas dos ríos. Deixan camiños sen saída ou barrios que quedan sen accesos. Son cousas que quedan sen resolver precisamente por ese apuro na inauguración da autovía”.
O rexedor de Barreiros demanda que “se solucionen primeiro todos eses problemas. Todos coincidimos en que a autovía é necesaria, pero porque esperemos un mes máis non vai pasar nada. Podemos seguir empregando a N-634, podemos seguila sufrindo porque xa estamos acostumados despois de tantos anos de sufrimento e non pasa nada e así daría tempo a solucionar todos estes problemas que se están a producir en Barreiros”. Alfonso Fuente vaille pedir mañá a Magdalena Álvarez que se comprometa a solucionar todos os temas pendentes “porque hai moita xente prexudicada e hai só uns días xa vimos como se produciron inundacións nalgunhas casas porque non quixeron atender as reivindicacións que se fixeron desde o Concello. Nós somos os coñecedores de como baixan esas augas e de como hai que canalizalas. Non se quixo escoitar, só quixeron tirar para adiante facer a obra e vir a inaugurala”.
O alcalde barreirense considera que .
O acto de inauguración do tramo Reinante-Barreiros da A-8 está previsto para mañá venres ás 12:30.