Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros di que quen recurreu os presupostos pode presentar un contencioso

BARREIROS .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, recorda que se poden recurrir os presupostos de municipais por medio de un contencioso. Fuente Parga asegurou que “como establece a lei calquera das persoas que presentou alegacións ten a posibilidade de presentar un contencioso administrativo contra estes presupostos”.
O alcalde de Barreiros afira que as alegacións presentadas polo BNG ós orzamentos de 2008 que foron aprobados de xeito definitivo nun pleno extraordinario non son causa de nulidade.

O ALCALDE DE BARREIROS ASEGURA QUE AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO BNG ÓS ORZAMENTOS DE 2008 NON SON CAUSA DE NULIDADE.
Barreiros, 7 de novembro de 2008.     O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegura que as alegacións presentadas polo BNG ós orzamentos de 2008 que hoxe foron aprobados de xeito definitivo nun pleno extraordinario non son causa de nulidade <e agora como establece a lei calquera das persoas que presentou alegacións ten a posibilidade de presentar un contencioso administrativo contra estes presupostos>.
Fuente Parga sinala que <despois de haber un informe de secretaría que estima en parte as alegacións do BNG e en parte as rexeitaba, nós pedimos un informe externo que quedou incorporado ao expediente donde di que non hai causa de nulidade. Consideramos que os presupostos están ben aprobados e tiramos para adiante nese sentido porque existen subvencións e partidas pendientes de seren recibidas e nós estamos para cumprir cos veciños de Barreiros>.
Compadreo
O rexedor amósase sorprendido <da actitude do BNG, xa que si ben hai uns meses eran eles os que presentaban mocións no Concello pedindo a apertura de expedientes á secretaria-interventora agora que os nosos informes non coinciden cos da secretería-intervención resulta que os dela son válidos e os nosos non. Aquí alguén xoga con alguén ou a secretaria xoga co BNG ou o BNG coa secretaria. Eu non sei de que vai este compadreo. Non nos importa, nós temos o compromiso de gobernar para os veciños de Barreiros e é o que vou facer>.
Orzamentos de 2009
Alfonso Fuente anuncia que <xa estamos elaborando os orzamentos de 2009 e conto presentalos antes de finais de ano e empezar coas comisións e coas conversas cos grupos da oposición para facer uns presupostos consensuados e participativos>.

Exit mobile version