BARREIROS .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, entende que na comisión de seguimento das obras da A-8 “acordouse pasar o testigo do traballo que se viña facendo desde a alcaldía e desde a concellería de Obras de seguimento dos estragos que vai deixando a autovía no tramo que está en funcionamento entre Reinante e Barreiros. Agora se traspasa esa labor a esa comisión na que tamén traballarán os grupos da oposición”.
Fuente Parga entende que “é unha labor de todos que quede ben para os veciños. Xa digo era un labor que se viña facendo desde a alcaldía. Eu mesmo en varias ocasións visitei as obras acompañado de técnicos e agora ese mesmo traballo vaise facer desde esta comisión. É o único cambio que hai. Despois acordamos enviar escritos a Fomento e ás asociacións para que os veciños, tal e como viñan facendo ata o de agora, dirixan as deficiencias que atopan ó propio Concello para que a comisión de seguimento llas traslade ó Ministerio de Fomento”.