Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros asegura que a auga é apta para consumir

BARREIROS .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, envía unha mensaxe de tranquilidade á poboación xa que a auga está chegando aos domicilios con color de barro ou de terra. O rexedor di que “por mor das chuvias destes días a auga pode chegarlles cun color marrón aos veciños, pero pídolles que estean tranquilos porque a auga é apta para o consumo. Isto ven motivado polas chuvias destes días e tamén polos traballos que se realizan na autovía do Cantábrico, a A-8, xa que arrastran bastante terra cara os ríos”.

Fuente Parga lembra que “xa vimos o sábado que o río Masma era un lamazal, víase todo marrón, incluso o río Ouro e os regatos baixaban igual. Entón a auga que captamos, a pesares de ser tratada, quédalle sempre esa cor e ese olor a terra. Quero tranquilizar á xente para que a consuma sen problema. Haberá que agardar uns días para volver á normalidade”.

Exit mobile version